Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: Sáenz Díez, 45, 32003 Ourense.
Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T., xardín botánico-malecón.
Situación: O Barco.
Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV de 160 m en conductor R.H.Z. 12/20 derivada desde a L.M.T. ó edificio Breogán e remata na L.M.T. subterránea ó C.T. Xral. Franco, 1, pasando polo C.T. proxectado con 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V no xardín botánico-malecón. Rede de baixa tensión derivada do C.T.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
Ourense, 29 de xaneiro de 2001.
Alfredo Cacharro Pardo
Delegado provincial de Ourense