Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.962

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 12 de febreiro de 2001, da Dirección Xeral de Relacións Laborias, pola que se fai pública a modificación estatutaria da Asociación Gallega de Empresas Operadoras (AGEO).

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral se presentou, o día 6 de febreiro de 2001, certificación expedida polo secretario da devandita asociación Juan Mata Cobas, avalada co visto e prace presidente, Manuel Freijeiro Mato, na que se reflicte o acordo acadado pola xunta directiva referente ó traslado do domicilio social da asociación á rúa República Arxentina, nº 9-1º A, de Santiago de Compostela (A Coruña).

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2001.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral Relacións Laborais