Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/17-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e c. seccionamento na rúa Vigo, nº 16.

Situación: Sanxenxo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 25 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde a liña que une os CC.TT. existentes Vicaño e Rúa 13, ata o centro de seccionamento que se proxecta no nº 16 da rúa Vigo, no concello de Sanxenxo, rematando no punto de inicio da liña. Centro de seccionamento con tres liñas de manobra exterior.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra