Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se autoriza e se declara, en concreto, de utilidade pública, para os efectos de urxente ocupación, a instalación eléctrica denominada L.M.T. Ribadavia-Val de Pereira, no concello de Ribadavia. (Expediente IN407A 98/122-3 A.T.).

Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificacións na r/ Sáenz Díez nº 45, 32003 Ourense, solicitou desta delegación provincial a autorización administrativa e a declaración, en concreto, de utilidade pública da instalación eléctrica de referencia.

No expediente cumpríronse os trámites sinalados no artigo 53 da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, e nos capítulos III e IV do regulamento de aplicación da Lei 10/1966, do 18 de marzo, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, aprobado polo Decreto 2619/1966, do 20 de outubro, de aplicación ó presente expediente segundo o establecido pola disposición transitoria undécima do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que regula o procedemento de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

Na fase de información pública presentáronse as seguintes alegacións: 1º Os titulares dos predios nº 4, 26 e 27 solicitan a corrección de determinados erros no tipo de cultivo, denominación do lugar e superficie de afección, o que se terá en conta para apreciar no momento do levantamento das actas previas á ocupación polo perito da Administración. 2º Os titulares dos predios números 13, 19, 26, 27, 46 e 53 da relación de afectados manifestan a súa oposición ó trazado previsto para a liña eléctrica, así como nalgún caso o desacordo coa valoración. As ditas alegacións foron desestimadas polas razóns que se lle notifican a cada afectado en escrito á parte e que non se transcriben na presente resolución para evitar repeticións. 3º A alegación conxunta que presentan o titular do predio nº 13, indicado anteriormente, e 7 afectados máis, tería o mesmo tratamento indicado no punto anterior.

Vista sobre o terreo o citado trazado da liña eléctrica proxectada, obsérvase que naquela non se dá ningunha das prohibicións ou limitacións ás que se refiren respectivamente os artigos 25 e 26 do citado Decreto 2619/1966.

Sendo competente este organismo, con base no Estatuto de autonomía de Galicia, no Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma galega en materia de industria, enerxía e minas, e no exercicio das competencias atribuídas polos decretos 2617 e 2619/1966,

RESOLVO:

Primeiro.-Autorizarlle a Unión Fenosa Distribución, S.A. o establecemento da instalación eléctrica que conta cos seguintes datos básicos para un orzamento de 33.740.000 pesetas:

-L.M.T. aérea a 20 kV, de 1.457 m de lonxitude, en conductor LA-110, con orixe no apoio nº 21 da L.M.T. de dobre circuíto Castrelo-Ribadavia e final no apoio nº 10 da L.M.T. proxectada a Val de Pereira.

-L.M.T. aérea a 20 kV, de 996 metros de lonxitude, en conductor LA-110, con orixe no pórtico de saída da subestación de Castrelo e final no apoio nº 10 da L.M.T. proxectada ó C.T. de Chao; tramo en dobre circuíto.

-L.M.T. aérea a 20 kV, de 685 m, en conductor LA-110, con orixe no apoio nº 10 citado anteriormente e final no apoio nº 19 da L.M.T. proxectada; treito en circuíto simple.

-L.M.T. subterránea a 20 kV, de 880 m, en conductor R.H.V., con orixe no tramo anterior e final no apoio nº D-16 da L.M.T. Castrelo-Ribadavia.

-C.T. prefabricado de Chao de 400 kVA e r/t 20/0,380-0,220 kV; rede de baixa tensión subterránea de 40 m, en conductor R.V.; C.T. que se vai reformar da fábrica de ataúdes Hijos de Luis Chao, S.A., de 400 kVA con r/t 20/0,380-0,220 kV.

Segundo.-Declara-la utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica autorizada, coas consecuencias establecidas no artigo 54 da Lei 54/1997, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa. Igualmente levará implícita a autorización para o establecemento ou paso da instalación eléctrica sobre terreos de dominio, uso ou servicio público, ou patrimoniais do Estado, ou das comunidades autónomas, ou de uso público, propios ou comunais da provincia ou municipio, obras e servicios destes e zonas de servidume pública.

Terceiro.-Que o representante da Administración, en cumprimento do disposto nos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954, e 31 do Regulamento da Lei 10/1966, do 18 de marzo, dea comezo ó levantamento das actas previas á ocupación, nos días e horas que a cada interesado se lle notifique individualmente, dos predios contidos na resolución desta delegación provincial do 27 de agosto de 1999, que se publicou no DOG do 6 de outubro, no BOP de Ourense do 8 de outubro e no diario La Región do 18 de setembro de 1999.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderase interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación, conforme o establecido no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de decembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 23 de xaneiro de 2001.

Alfredo Cacharo Pardo

Delegado provincial de Ourense