Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 48 Xoves, 08 de marzo de 2001 Páx. 2.958

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/16-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.T. colexio Montecastelo-Gandariña.

Situación: Vigo.

Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 15/20 kV, de 17 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde un apoio onde está situado o actual C.T. Montecastelo (a retirar), ata o C.T. que se proxecta en Montecastelo-Gandariña, no concello de Vigo. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 15/20 kV-380/220 V.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Pontevedra, 19 de xaneiro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra