Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e c. seccionamento Atalaia.
Situación: Poio.
Descricións técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 33 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde a L.M.T. ó C.T. existente Boa Vista III (A Caeira) ata o centro de seccionamento proxectado en Atalaia-A Caeira, concello de Poio, rematando no punto de inicio da liña. Centro de seccionamento con 3 liñas de manobra exterior.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
Pontevedra, 19 de xaneiro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra