Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 07 de marzo de 2001 Páx. 2.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FERROL

ANUNCIO.

O Concello de Ferrol ten previsto regulariza-lo cumprimento do artigo 36 das súas ordenanzas municipais de protección ambiental, que literalmente di:

Artigo 36º.-Dispositivos de control (sonómetros-sonógrafos).

1. Tódolos responsables de actividades clasificadas dentro dos grupos descritos no artigo 6 do título I

do anexo I desta ordenanza, que se desenvolvan en horario nocturno, aínda que só sexa en parte, están obrigados a instalar aparellos de control e rexistro da emisión sonora que provoquen a interrupción da emisión canso se superen os límites máximos establecidos, segundo o especificado no seguinte cadro:

Dispositivo esixidoGrupo IGrupo IIGrupo IIIGrupo IVGrupo V

NDNDNDNDND

SonómetroX

Sonómetro e limitadorXXXX

Control permanenteXXXX

N: locais con normal desenvolvemento da actividade.

D: locais con denuncias reiteradas.

1.1. O custo dos equipos instalados e da instalación será por conta do titular da actividade.

2. Os sonómetros (medidores de ruído) terán incluída a capacidade de rexistro das medicións efectuadas (sonógrafo), e deberán te-las prestacións seguintes:

2.1. Rexistrar e almacena-lo período de funcionamento da actividade, con indicación de data e hora de inicio e fin da sesión ruidosa, e correspondentes niveis de emisión sonora, así como resumo dela no que se indique valor máximo integrado con data e hora, valor medio e mínimo de cada sesión.

2.2. Rexistrar e almacena-los períodos de funcionamento das fontes de emisión sonora co fin de poder controla-la súa correcta actuación alomenos cada 5 minutos.

2.3. Almacena-la información descrita nos dous puntos anteriores correspondente, polo menos, a 45 sesións ruidosas ou períodos da actividade.

2.4. Estar dotados un dispositivo que permita os servicios técnicos municipais capturar directamente a información almacenada mediante un ordenador portátil, para a súa impresión, análise e avaliación.

2.5. Deberá posuír un dispositivo de protección fronte a posibles manipulacións, mediante chaves electrónicas ou claves de seguridade de acceso.

2.6. No caso das actividades dotadas de equipos musicais, ou amplificación, ou de megafonía, o sonómetro incorporará un dispositivo limitador do nivel de emisión, capaz de evitar que se supere o nivel sonoro máximo correspondente ó grupo de actividades da súa licencia de apertura.

2.7. O sonómetro rexistrará os períodos de actividade, diferenciándoos dos da súa desconexión ou desactivación por fallo-reposición de tensión na rede.

3. Os sonómetros deberán cumpri-las normas UNE-EN 60651 y 60804, en vigor, ou aquelas que as substitúan, e estar debidamente homologados polo órgano competente.

4. O micrófono do sonómetro deberá instalarse nun lugar visible desde a entrada do local, e a 1,5 metros (como mínimo) de calquera fonte sonora existente se é tecnicamente posible.

5. Nos casos nos que sexa preciso levar a cabo un control permanente, segundo o indicado no cadro do punto 1, deberanse instalar dispositivos que, ademais das características descritas nos puntos anteriores, dispoñan de canal serie asíncrono programable

e protocolo de comunicacións para control remoto vía módem, con liña telefónica dedicada, co fin de capturar, comprobar e verica-los datos de funcionamento mediante un PC (ordenador persoal). O custo da instalación precisada e dos equipos será por conta do titular.

As firmas comerciais que se presenten ó concurso de homologación dos sonómetros, para a súa posterior implantación nos locais de ocio do termo municipal de Ferrol, deberán suministrarlle ó concello a terminal portátil para a lectura de datos da memoria do sonógrafo, así como o programa ou programas de inspección e as súas correspondentes claves.

Os interesados poden remiti-la documentación no prazo dun mes a partir do día seguinte a publicación deste anuncio no DOG á Concellería de Urbanismo no enderezo: Concello de Ferrol. Praza de Armas, s/n, 15402 Ferrol.

Ferrol, 22 de xaneiro de 2001.

Xosé Xermán Lastra Murais

Concelleiro de Urbanismo