Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 07 de marzo de 2001 Páx. 2.906

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na súa sesión realizada o día un de febreiro de dous mil un, acordou:

«1. Aprobar con carácter inicial un estudio de detalle do cuarteirón nº 6 (edificación terciaria. Comercial en edificio exclusivo) do Plan parcial da área 3 de SUNP no Burgo, presentado pola sociedade Gallega de Distribuidores de Alimentación, S.A., e redactado polos arquitectos José R. Miyar Caridad e Gonzalo Serantes Conchado, que ten por obxecto a reordenación do volume edificatorio sobre esta, modificando o estudio de detalle que foi aprobado definitivamente polo Pleno Municipal o día 30 de novembro de 1999.

2. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia.».

Durante o prazo indicado, que se contará desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal), poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais da área de Urbanismo e formula-las alegacións que se consideren oportunas.

Culleredo, 6 de febreiro de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro delegado de Urbanismo