Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 07 de marzo de 2001 Páx. 2.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 14 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, polo que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores OU 128/00P e OU 207/00P en materia de pesca fluvial.

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a resolución dos expedientes sancionadores por infraccións da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial (DOG nº 151, do 5 de agosto), e do seu regulamento, aprobado polo Decreto 130/1997, do 14 de maio (DOG nº 106, do 4 de xuño).

O importe da sanción farase efectivo en calquera entidade bancaria, na conta de recadación de multas e sancións da Xunta de Galicia número 2091-0388-90-3110001181 da Caixa de Aforros de Galicia, no prazo de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ó da firmeza desta resolución. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados nesta Delegación Provincial, sita na rúa Paseo, nº 18, 5ª planta en Ourense. Transcorrido o citado prazo procederase ó cobramento pola vía administrativa de constrinximento.

Non obstante o anterior, e de conformidade co previsto no artigo 114.1º e concordantes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, cabe formular recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente, no prazo dun mes, contado igualmente a partir do seguinte ó de publicación desta notificación.

Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este se presente, esta resolución será firme para tódolos efectos regulamentarios.

Ourense, 14 de febreiro de 2001.

Agustín Prado Verdeal

Delegado provincial de Ourense

ANEXO

Expediente nº/ano: 128/2000.

Denunciado: Roberto Gómez Fernández.

DNI: 34.931.093-G.

Último enderezo coñecido: praza Pau Casals, nº 2, 4º, Castelldefels (Barcelona).

Feito probado: pescar en luns, día inhábil para a pesca, e carecendo da oportuna licencia.

Precepto infrinxido e sancionador: 34.1º.

Sanción: 50.001 pesetas e un ano de inhabilitación para obte-la licencia de pesca.

Expediente nº: 207/2000.

Denunciado: Gumersindo Fernández Pérez.

DNI: 34.961.433.

Último enderezo coñecido: edificio Miño, nº 6, 3º esquerda (Ourense).

Feito probado: pescar con dúas canas, cebadas e na auga, atopándose éstas a uns 15 metros do pescador.

Precepto infrinxido e sancionador: 33.3º.

Sanción: 5.000 pesetas.