1. Entidade adxudicadora.
1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.
1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.
2. Obxecto do contrato.
2.1. Descrición do obxecto: contratación dun mínimo de seis (6) avións con destino á prevención e extinción de incendios forestais durante os anos 2001 e 2002.
2.2. Prazo de execución: dous anos.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:
3.1. Tramitación: ordinaria.
3.2. Procedemento: aberto.
3.3. Forma: concurso público.
4. Orzamento base de licitación:
Importe total: cento sesenta e dous millóns novecentas noventa e nove mil (162.999.000) pesetas, IVE excluído (979.643,71 euros).
5. Fianza provisional.
2% do orzamento de licitación: tres millóns duascentas cincuenta e nove mil novecentas oitenta (3.259.980) pesetas (19.592,87 euros).
6. Fianza definitiva.
4% do orzamento de licitación: seis millóns cincocentas dezanove mil novecentas sesenta (6.519.960) pesetas (39.185,75 euros).
7. Clasificación.
Grupo III, subgrupo 9 e categoría C.
8. Documentación e información.
8.1. Documentación:
Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na Subdirección Xeral de Xestión Orzamentaria e Contratación da Consellería de Medio Ambiente, sita en Santiago de Compostela, rúa Os Basquiños nº 2 e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratación/resultado.asp?N=193.
Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación, deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:
-No epígrafe ASUNTO: obxecto do prego.
-Nome da empresa.
-Nº de teléfono.
8.2. Información:
Teléfono: 981 54 17 49.
9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.
9.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.
9.3. Lugar de presentación:
a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.
b) Enderezo: rúa Os Basquiños nº 2.
c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.
10. Apertura das ofertas.
a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública; sala de xuntas B.
b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.
c) Localidade: Santiago de Compostela.
d) Data: o sexto día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo das presentación das proposicións. Se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.
e) Hora: ás 12 horas.
11. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 27 de febreiro de 2001.
P.D. (Orde 12-1-1998)
José Luis Aboal García-Tuñón
Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente