Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 07 de marzo de 2001 Páx. 2.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a apertura do período de proba correspondente ó expediente sancionador EN 92/2000.

De acordo co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle, á persoa que no anexo se menciona, de conformidade co previsto nos artigos 80 e 137.4º da Lei 30/1992 e co artigo 17 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, a apertura dun período de proba de dez días, co obxecto de que acheguen documentos nos que queden suficientemente acreditados os extremos recollidos nas súas alegacións.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2001.

Pilar Pita Ponte

Instructora

ANEXO

Expediente: EN 92/2000.

Denunciado: Juan Carlos de la Torre Graña.

Último domicilio coñecido: Calvo Sotelo, 9-1º, Marín.