Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 07 de marzo de 2001 Páx. 2.901

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de febreiro de 2001 pola que se fai pública a adxudicación provisional de destinos do concurso de traslados específico para cubrir prazas de xefe ou xefa do departamento de orientación, convocado pola Orde do 15 de novembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia do 24).

En aplicación do disposto na base décimo terceira da Orde do 15 de novembro de 2000 (Diario Oficial

de Galicia do 24), esta dirección xeral resolve facer pública a adxudicación provisional dos destinos obtidos no concurso de traslados específico, convocado pola orde que se cita.

De acordo co establecido na base décimo cuarta da citada orde, os concursantes poderán presentar reclamacións e renuncias á adxudicación provisional, no prazo de dez días naturais a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2001.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal