Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 47 Mércores, 07 de marzo de 2001 Páx. 2.902

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 13 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a resolución dos expedientes sancionadores P-128 e P-183/1999.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan as resolucións dos ditos expedientes por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, sobre pesca fluvial en Galicia.

1. Contra a dita resolución e de conformidade co disposto nos artigos 107.1º e 114 ó 117 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó desta publicación, poderá interpoñer recurso ordinario ante o conselleiro de Medio Ambiente. Transcorrido o prazo de interposición do recurso sen que este fose presentado, esta resolución será firme para tódolos efectos.

2. O importe da sanción, así como o da indemnización farase efectivo dentro do prazo de quince días, contados desde o momento en que a resolución sexa firme, na conta 90/3110001181 de Caixa Galicia (2091), oficina (0388). De non facelo dentro do prazo sinalado, procederase ó seu cobramento pola vía de constrinximento.

3. O rescate do comisado, no caso de que se trate de utensilios de uso lícito, poderá obterse logo do pagamento da contía total da sanción e indemnización dentro do prazo establecido no parágrafo anterior.

Pontevedra, 13 de febreiro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: P-128/1999.

Denunciado: Emilio Gabián Domínguez.

Enderezo: Julián Estévez, 14-5º D, Vigo.

DNI: 50.935.593.

Feitos denunciados: pescar 5 troitas (unha de 10 cm, 3 de 16 cm e 1 de 3 cm) que non alcanzan as medidas regulamentarias. Feitos acontecidos ás 18.20 horas do día 4 de xuño de 1999.

Data do acordo da incoación: 18-8-1999.

Data do acordo da proposta: 13-10-1999.

Proposta: sancionar a Emilio Gabián Domínguez con multa de 5.000 ptas. e unha indemnización de 5.000 ptas.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: pescar 5 troitas que non alcanzan as medidas regulamentarias.

Precepto infrinxido: 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 33 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 5.000 ptas.

Indemnización: 5.000 ptas.

Expediente: P-183/1999.

Denunciado: José Seco López.

Enderezo: r/ Umia, 1-2º, Vigo.

DNI: 35.257.757.

Feitos denunciados: entorpece-la servidume de paso pola marxe esquerda do río Furnia, cun peche de postes e malla metálica, impedindo o paso ós pescadores. O peche aféctalle á marxe nuns 10 m aproximadamente. Feitos denunciados ás 16.45 horas do día 20 de novembro de 1999, no río Furnia, ó seu paso por Malvas no concello de Tui.

Data do acordo da incoación: 24-1-2000.

Data do acordo da proposta: 10-5-2000.

Proposta: sancionar a José Seco López con multa de 50.001 ptas. e unha indemnización dun ano.

Alegacións á proposta: non presenta escrito no seu descargo.

Feitos probados: entorpece-la servidume de paso pola marxe esquerda do río Furnia.

Precepto infrinxido: 34.27º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Precepto sancionador: 34 da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Circunstancias concorrentes: non se aprecian.

Sanción: 50.001 ptas. e retirada do peche da zona de servidume.

Indemnización: para obte-la licencia de pesca e para o exercicio desta actividade durante un ano.