Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 06 de marzo de 2001 Páx. 2.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO da toma de coñecemento do avance do PERI 07.03 Casás en Comesaña. (Expediente 6274/411).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 21 de decembro de 2000, tivo coñecemento do avance do Plan especial de reforma interior 1 Casás (Comesaña) 07.03 (expte. 6274/411), de iniciativa municipal, redactado polos arquitectos Javier Alonso Davila e Arsenio Piñeiro Santos, con visado do COAG con data do 6 de novembro de 2000, así como das suxestións formuladas sobre el pola Oficina Técnica Municipal de Planeamento.

Sométese o expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia co fin de que as distintas entidades e particulares poidan formula-las suxestións que consideren oportunas e presentar propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.

O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.

Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.

Vigo, 2 de febreiro de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo