O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 21 de decembro de 2000, tivo coñecemento do avance do Plan especial de reforma interior 1 Roade (Alcabre) 01.01 (expte. 6273/411), de iniciativa municipal, redactado polos arquitectos Ramón Vega López e Marta Soto Pérez, con visado do COAG con data do 6 de novembro de 2000, así como das suxestións formuladas sobre el pola Oficina Técnica Municipal de Planeamento.
Sométese o expediente ó trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante anuncio que se publicará no DOG e nun dos xornais de maior circulación da provincia co fin de que as distintas entidades e particulares poidan formula-las suxestións que consideren oportunas e presentar propostas e convenios urbanísticos que coiden procedentes.
O prazo de exposición ó público entenderase aberto desde a primeira publicación ata o remate do mes contado desde o derradeiro anuncio. A documentación atópase na Oficina de Información da Xerencia Municipal de Urbanismo ó dispor do público.
Este anuncio servirá de notificación nos termos do artigo 59 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común para tódolos propietarios e interesados directamente afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorando o seu enderezo, non poidan ser notificados persoalmente.
Vigo, 2 de febreiro de 2001.
Lois Pérez Castrillo
Alcalde-presidente da Xerencia Municipal
de Urbanismo