Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 06 de marzo de 2001 Páx. 2.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da aprobación definitiva do proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación número 27 do PXOU/rúas Camiño do Gorgullón e Pedro Sarmiento de Gamboa, con requirimento a propietario non adherido ó sistema de xestión desta unidade de actuación.

A Comisión de Goberno, en sesión do 5-2-2001, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Prestar aprobación, con carácter definitivo, ó proxecto de estatutos e de bases de actuación da futura xunta de compensación da unidade de actuación 27 do Plan Xeral de Ordenación Urbana, polígono situado entre as rúas Camiño do Gorgullón e Pedro Sarmiento de Gamboa, sendo formulado este proxecto polas entidades mercantís Construcuatro, S.A. e Prycoga, S.L., actuando en nome e representación de propietarios que representan máis do 50 por 100 da superficie da citada unidade de actuación, facendo constar que o texto definitivo do proxecto de estatutos e de bases é o publicado no BOP nº 196, do 11-10-2000.

Segundo.-Designar, como representante desta administración, no órgano rector da xunta ó tenente de alcalde da área de Urbanismo e Medio Ambiente, Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo ou quen no sucesivo

asuma este cargo, cambio que se notificaría oportunamente á xunta.

Terceiro.-Requirirlle os propietarios afectados a constitución, mediante escritura pública, da xunta de compensación da unidade, no prazo de tres meses desde que sexa firme en vía administrativa o acto de aprobación de estatutos e bases.

Cuarto.-Requirir a Manuel Troitiño Troitiño e Carmen Rey García, na súa condición de propietarios afectados pola xestión desta unidade de actuación número 27, que non solicitaron a súa incorporación á xunta de compensación dese polígono urbanístico, para que así o efectúen, se o desexan, no prazo dun mes, contado desde a notificación deste acordo.

Advírtese a estes propietarios afectados e citados no punto anterior, que de non incorporarse á xunta de compensación no prazo referido, integración que será con igualdade de dereitos e obrigas ós restantes propietarios, isto é, un mes desde a notificación deste acto administrativo, unha vez transcorrido este, a incorporación só será posible se non entorpece o desenvolvemento do proceso e o aproba a xunta de compensación, podendo a xunta de compensación solicitar da Administración actuante, ou ben a expropiación dos devanditos predios tendo a condición de beneficiaria dela, ou ben a ocupación deses predios a favor da xunta de compensación co fin de posibilita-la execución das obras de urbanización previstas, recoñecendo os seus titulares o dereito á adxudicación de terreos edificables en proporción á superficie achegada coa reducción adecuada para compensa-los gastos de urbanización correspondentes, e, neste último caso, aínda cando os terreos quedasen directamente afectados ó

cumprimento das obrigas inherentes ó sistema, a xunta de compensación só actuará como fiduciaria con pleno poder dispositivo sobre os predios que pertenzan ós propietarios incorporados voluntariamente a esta. En todo caso, se os propietarios afectados pola ocupación demostrasen que os seus terreos constitúen a única ou predominante fonte de ingresos cos que contan, terán dereito a percibir unha indemnización equivalente á rendibilidade demostrada, durante o período que medie entre a ocupación efectiva e a adxudicación que lles corresponda, ou á expropiación do seu dereito.».

O que se fai público para a súa executividade, subliñándose que contra este acto administrativo, que pon fin á vía administrativa, se poderá interpoñer ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa modificación, consonte co establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, conforme o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xuño, da xurisdicción contencioso-administrativa.

De se interpoñe-lo recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo

dun mes segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desa Lei 30/1992, podendo entón interpoñer recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte a aquel no que se deba entender presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, conforme o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados coiden procedente consonte o dereito.

Pontevedra, 14 de febreiro de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Tenente de alcalde delegado da área de Urbanismo e Medio Ambiente