Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 06 de marzo de 2001 Páx. 2.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARTEIXO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno deste concello, en sesión ordinaria que tivo lugar o día 19 de decembro de 2000, acordou aprobar inicialmente o estudio de detalle da UA 11 das NN.SS. de planeamento vixentes en Arteixo, sita en A Cachada, promovido por Pilar Varela Vázquez e irmáns, e redactado polo arquitecto Luis Hermida González, o cal queda sometido a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio. Durante este prazo as persoas interesadas poderán examina-lo seu contido comparecendo nas

dependencias do Servicio Municipal de Urbanismo e presentar alegacións a el se o consideran conveniente.

Do mesmo xeito, e en virtude do artigo 34 da Lei 1/1997, do solo de Galicia, queda suspendido o outorgamento de licencias de edificación, parcelación e demolición no ámbito territorial comprendido no trazado de aliñacións a que afecta o estudio de detalle ata a súa aprobación definitiva. (Expediente 34/2000 PED).

Arteixo, 29 de xaneiro de 2001.

P.D. (Decreto 587/1999)

María Isabel Vila Vilas

Primeira tenente de alcalde