Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 06 de marzo de 2001 Páx. 2.808

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro 2001 pola que se fai pública a adxudicación do concurso público aberto para a contratación de asistencia técnica para o diagnóstico e implantación dun plan para a rexeneración do tecido empresarial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal (C.P. 19/2000).

En cumprimento do disposto no artigo 93 do texto refundido da Lei de contratos das administracions públicas, faise pública a adxudicación do seguinte contrato de asistencia técnica:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Instituto Galego de Promoción Económica (Igape).

b) Número de expediente: CP nº 19/2000.

2. Obxecto do contrato: asistencia técnica para o diagnóstico e implantación dun plan para a rexeneración do tecido empresarial das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

Tramitación: urxente.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso público.

4. Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 223 do 17-11-2000.

5. Orzamento base de licitación: 20.000.000 de pesetas (vinte millóns de pesetas), IVE incluído, orzándose a asistencia relativa ós puntos 1-3 da cláusula terceira do prego de prescricións técnicas nun máximo de 14.000.000 de pesetas, IVE incluído, e a tarifa/hora da asistencia relativa ó punto 4 da cláusula terceira do prego de técnicas nun máximo de 15.000 pesetas, IVE incluído, podéndose contratar asistencias con cargo a este punto ata un importe de 6.000.000 de pesetas, IVE incluído.

6. Adxudicación:

Data: 29 de decembro de 2000.

Contratista e importes de adxudicación:

Gestlink Negocios polo importe máximo de 20.000.000 de pesetas, IVE incluído, desagregado nos siguientes conceptos:

14.000.000 de pesetas, IVE incluído, correspondente ós puntos 1, 2 e 3 da cláusula terceira do prego de prescricións técnicas.

15.000 pesetas/hora, IVE incluído, correspondente ó punto 4 da cláusula terceira do prego de prescricións técnicas.

Santiago de Compostela, 29 de xaneiro de 2001.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego

de Promoción Económica