Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 06 de marzo de 2001 Páx. 2.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 2 de febreiro de 2001 pola que se lle notifica a Luisa García Espeleta a resolución pola que se acorda a rectificación do erro producido na Resolución do 8 de xuño de 2000, expediente C82010, conta 77.

De conformidade co disposto no artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, intentada a notificación no domicilio da interesada (rúa O Prado, bloque 22, portal J-2º esquerda, polígono de Esteiro-Ferrol), sen que esta se puidiese practicar, notifícaselle a Mª Luisa García Espeleta a resolución do director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, do 22 de decembro de 2000, pola que se acorda a rectificación do erro producido na Resolución do 8 de xuño de 2000, recaída no procedemento de desafiuzamento administrativo por falta de pagamento, e publicada no DOG número 164, do 24 de agosto de 2000.

Contra a citada resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación desta cédula, conforme o que establecen os artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De conformidade co disposto no artigo 58.2º da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, transcríbese o texto íntegro da dita resolución:

Expediente de desafiuzamento administrativo

Resolución

Visto o expediente de desafiuzamento administrativo seguido contra Mª Luisa García Espeleta, beneficiaria da vivenda de protección oficial identificada como expediente C 82010, conta 77,

Tendo en conta os seguintes:

Feitos

1. Por resolución desta dirección xeral do 8 de xuño de 2000, dictada no procedemento de desafiuzamento administrativo tramitado contra Mª Luisa García Espeleta, acordábase a resolución de pleno dereito do contrato por incumprimento en canto á falta de pagamento das cotas, con infracción do réxime que regula as vivendas de protección oficial de promoción pública e o lanzamento da vivenda.

Por erro, na citada resolución situábase a vivenda na rúa O Prado, P-L 2º esquerda, polígono de Esteiro-Ferrol, sendo o enderezo correcto o bloque 22, portal J-2º esquerda da rúa O Prado.

Fundamentos de dereito

1. É competente para dictar esta resolución o director xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo.

2. O artigo 105.2º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemeno administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, permítelle ás administracións públicas rectificar en calquera momento de oficio, ou por instancia dos interesados, os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nos seus actos.

Vistos

Os preceptos legais invocados e demais normas de aplicación xeral,

RESOLVO:

Acorda-la rectificación do erro producido na resolución desta dirección xeral do 8 de xuño de 2000, entendéndose que o enderezo ó que fai referencia a dita resolución será a rúa O Prado, bloque 22, portal J-2º esquerda do polígono de Esteiro-Ferrol.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación, conforme o establecido nos artigos 107, 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Notifíquese esta resolución ós interesados coa mención dos requisitos esixidos polo artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 2 de febreiro de 2001.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego

da Vivenda e Solo