Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 06 de marzo de 2001 Páx. 2.807

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 31 de xaneiro de 2001, da Área Provincial da Coruña, pola que se lle notifica ó interesado a resolución do expediente sancionador VP-C 15/2000, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992.

Por medio desta cédula e en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, en relación co artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, que aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícaselle ó interesado a resolución de sobresemento do expediente sancionador VP-C 15/00, por non destina-la vivenda a domicilio habitual e permanente do beneficiario, causa prevista no artigo 5.C da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

Constatada a existencia dun procedemento de execución hipotecaria contra o titular da vivenda, o delegado provincial do IGVS na Coruña resolve o arquivo das actuacións e sobresemento do expediente.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada ante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lle sirva de notificación ó interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña o 31 de xaneiro de 2001.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 15/2000.

Fernando Ríos Vázquez.

R/ Alcalde López Torre, 14, bloque 1, vivenda nº 19

La Condesa-Betanzos