Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 06 de marzo de 2001 Páx. 2.809

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BRIÓN

ANUNCIO.

Por resolución da Alcaldía, do día 26 de febreiro de 2001, o alcalde vén de aprobar inicialmente o estudio de detalle que se concreta no lugar de Alqueidón, parroquia de Santa María dos Ánxeles -Monte Valado-, confeccionado polos arquitectos Francisco Otero Méndez e Javier Amenedo Ansede, do que é promotor a empresa Mahía Inmobiliaria, S.L.

O que se fai público en cumprimento do artigo 44.3º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, polo prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da inserción deste edicto no Diario Oficial de Galicia, para exame e coñecemento de tódolos posibles afectados e formulación de alegación, se fose o caso.

Brión, 26 de febreiro de 2001.

Ramón Rodríguez Romarís

Alcalde en funcións