Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 06 de marzo de 2001 Páx. 2.798

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (386/2000-5).

Ángel Javier Martín Sánchez, secretario xudicial do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña, fago saber que en virtude do acordado por providencia desta data, recaída nos autos de autorización de entrada número 386/2000-5, notifícaselle a José Manuel Porto Castiñeiras o auto dictado neles que literalmente di así:

Auto, na Coruña, 22 de xaneiro de 2001.

Antecedentes de feito.

1. Mediante atento oficio mandado a este Xulgado do Contencioso-Administrativo número un dos desta capital pola correspondente representación legal para o efecto comparecida en debida forma do recadador da zona de recadación da Coruña, daquela dependente da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia pola que se solicitaba o outorgamento de autorización de entrada naquel lugar que se referencia en canto sometido ó eventual consentimento ó respecto do seu titular e co fin da execución forzosa do acto previo daquela Administración tributario-autonómica.

2. En definitiva, mediante esa solicitude solicitábase autorización xudicial co fin de proceder ó embargo de bens de José Manuel Porto Castiñeiras no establecemento sito no peirao Liñares Rivas, número 52, así como na vivenda da rúa Perpetuo Socorro, número 3, 5º da Coruña e dependencias anexas, garaxes, rochos, etc., radicándose esta como autos número 386/2000 deste Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña.

3. En calquera caso, o exame deste expediente determina a previa e fallida práctica de embargo daquel referido importe pecuniario sen que por outra parte conste a existencia de previa contenciosidade xurisdiccional contencioso-administrativa acerca de semellante extremo.

Fundamentos xurídicos.

1. A sentencia número 22/1984, do 17 de febreiro, do Tribunal Constitucional, abordou o problema da execución por parte das administracións públicas dos seus propios actos e, en particular, cando implican a entrada forzosa en domicilios. En síntese, a doutrina sentada ó respecto por aquel máximo intérprete constitucional establece a conformidade coa nosa carta magna do exercicio das potestades administrativas de autoescuela por parte da Administración, de modo que se permite que esta emane actos declaratorios da existencia dos seus propios dereitos con eficacia executiva inmediata, sen prexuízo de que a Administración -de carácter autonómico neste caso- teña que respecta-los dereitos fundamentais individuais e, en caso particular, a inviolabilidade do domicilio establecida no artigo 18.2º da Cons

titución, aínda que semellante ente público proceda á execución forzosa dos seus propios actos.

2. Por outra banda, «nada autoriza a pensar que o xuíz a quen se lle pide aquela autorización de entrada deba outorgala baixo un simple automatismo formal, debido a que -conforme apunta a sentencia número 144/1987, do 22 de setembro, daquel mesmo máximo intérprete constitucional-, o correspondente órgano xurisdiccional -agora de natureza contencioso-administrava e outrora de instrucción- actúa nos tales supostos como garante o dereito fundamental á inviolabilidade de domicilio e, xa que logo, o único que ten que asegurar é que se requira efectivamente a entrada alí en execución dun acordo que prima facie pareza dictado por autoridade competente no exercicio de facultades propias, garantindo ó mesmo tempo que esa irrupción no ámbito da intimidade se produza sen máis limitacións de dereitos fundamentais... que aquelas que sexan estrictamente indispensables para executa-la resolución administrativa».

3. Non se somete pois a xuízo do órgano xurisdiccional unipersoal para o efecto competente unha valoración da actuación da Administración senón que simplemente se atopa xustificada a penetración en eventual domicilio -ou aínda de lugar que precise o consentimento-, de persoa ningunha; se tal extremo resulta indispensable para o dito efecto ou aínda, se é o caso, se existe lugar con semellante carácter, de forma que, tendo en conta neste específico caso a executividade daquela actuación administrativa da Administración autonómica agora promovente, de conformidade co teor do artigo 91.2º da L.O. número 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, en relación cos artigos 8.5 e 80.d) da Lei número 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, en canto establecen que corresponde ós titulares de tales xulgados outorga-la autorización mediante resolución motivada para a entrada tanto en domicilio como nos restantes edificios ou lugares de acceso dependentes do

consentimento do seu titular cando semellante extremo sexa preciso para a execución daqueles actos das administracións públicas, non constando tampouco -segundo se colixe do contido daquel expediente agora adxunto previo inicio de terceira vía xurisdiccional contencioso-administrativa segundo sinala para o efecto oportuna doutrina xurisdiccional sentada para o efecto por sentencia número 199/1998, do 13 de outubro, do Tribunal Constitucional, estímase procedente outorgar aquela autorización outrora solicitada por aquela Administración autonómica para o efecto promovente en canto sequera prima facie se cohonesta con aqueles principios de legalidade, autotutela, subsidiariedade e proporcionalidade para o efecto esixibles in limine nun plano formal, de forma que,

Vistos os artigos citados e demais de pertinente e xeral aplicación.

Acórdase autoriza-lo recadador da zona de recadación da Coruña e concederlles polo tanto ós seus

órganos competentes para o efecto a entrada naqueles inmobles ocupados por José Manuel Porto Castiñeiras establecemento sito no peirao Liñares Rivas, número 52, así como na vivenda da rúa Perpetuo Socorro, número 3-5º da Coruña e dependencias anexas, garaxes, rochos, etc., co fin de proceder ó embargo dos bens que se puideran atopar no referido domicilio, excluídos os inembargables, en horario diúrno e nun prazo de 15 días contados a partir da notificación da presente a aquel referido órgano tributario-autonómico para o efecto agora promovente.

Notifíqueselles esta resolución ás correspondentes partes comparecidas para os oportunos efectos e signifíqueselles que, sen prexuízo do seu carácter executorio, non é firme en canto que cabe eventual recurso de apelación nun só efecto perante este mesmo órgano xurisdiccional unipersoal aquí radicado e perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de quince días, contados a partir da data seguinte á súa correspondente notificación.

Así o acorda, manda e asina o maxistrado-xuíz titular do Xulgado do Contencioso-Administrativo número un da Coruña José Manuel Ramírez Sineiro.

E para que sirva de notificación ó demandado José Manuel Porto Castiñeiras, en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Coruña, 30 de xaneiro de 2001.

Ángel Javier Martín Sánchez

Secretario