Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 06 de marzo de 2001 Páx. 2.798

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (377/1999).

José Manuel Silvosa Tallón, secretario do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, dou fe e testemuño de que no xuízo de faltas número 377/1999 se dictou a sentencia co encabezamento e decisión do teor literal seguinte:

«Sentencia: 00010/2001.

Procedemento: xuízo de faltas 377/1999.

En Arzúa o trinta de xaneiro de dous mil un. Vistos por min, Ana María Brañas Casas, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, estes autos de xuízo de faltas número 377/1999, nos que foron partes o fiscal e como implicados Mostakin Maktoub, Juan Carlos González e Cristian Hernan La Blanca Sánchez, en virtude das facultades que me foron dadas pola Constitución e en nome de El-Rei, dictou a seguinte sentencia:

Decisión que debo absolver e absolvo a Mostakin Maktoub, Cristina Hernan La Blanca Sánchez e Juan Carlos González, das faltas de que eran acusados, declarándose de oficio as custas procesuais.

Esta resolución non é firme e contra ela cabe interpor recurso de apelación en ámbolos efectos neste xulgado perante a Audiencia Provincial da Coruña no prazo de cinco días desde a súa notificación. Así, por esta miña sentencia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Mostakin Maktoub, actualmente en paradoiro descoñecido, e para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido este edicto en Arzúa o trinta e un de xaneiro de dous mil un.

O secretario

Rubricado