Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 06 de marzo de 2001 Páx. 2.795

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 20 de febreiro de 2001 pola que se modifica a do 1 de febreiro de 2000, sobre delegación de funcións en determinados órganos universitarios.

Por Resolución do 9 de febreiro de 2001 reestructúrase o equipo de goberno na universidade, suprimíndose o Vicerrectorado de Coordinación do Campus de Santiago de Compostela e a creación do Vicerrectorado de Xestión de Infraestructuras e procedéndose tamén a unha reordenación na dependencia de determinados servicios.

Ademais, a resolución de delegación de funcións do 1-2-2000 (DOG do 1 de marzo), non incorporaba algunhas competencias como a derivada da xestión do cuarto ciclo universitario, competencia que procede incorporar á delegación de funcións.

Por todo o anterior, este rectorado resolveu modifica-la Resolución do 1 de febreiro de 2000 no seguinte sentido:

-O artigo cuarto, letra e), queda redactado do seguinte xeito:

«e) Queda delegada no vicerrector de Infraestructuras:

I. A presidencia da comisión electoral e a execución das súas resolucións.

II. A coordinación e xestión das actuacións da Oficina de Xestión de Infraestructuras, da oficina de Arquitectura e Urbanismo, do Servicio de Comunicacións e dos servicios informáticos.

III. O seguimento e a xestión de contratos de obras e das infraestructuras da USC, sen prexuízo das facultades delegadas ó vicerrector de Asuntos Económicos.

IV. A solicitude de licencias e outros actos de tramitación perante outras administracións públicas, contratistas ou terceiros en materias relacionadas no punto anterior.

V. A dirección operativa do Servimav e do Centro de Competencia de Innovación Educativa e Tecnoloxías da Información e a Comunicación».

-No artigo cuarto, letra f), introdúcense os puntos 6 e 7 coa seguinte redacción:

«6. Os actos e resolucións derivados do cuarto ciclo universitario.

7. A coordinación e dirección dos servicios que se lle encomenden».

-No artigo cuarto, letra g), introdúcese o punto 4 do seguinte teor:

«4. A dirección operativa do Gabinete de Comunicacións».

-No artigo cuarto, letra h), no punto 1. modifícase «Sistema Universitario de Residencias» por «Servicio Universitario de Residencias».

-No artigo cuarto, letra h), introdúcese o punto 13 co seguinte teor literal:

«13. A dirección operativa do COIE».

-No artigo cuarto, letra l), engádese un novo punto 6 da seguinte redacción:

«6. A convocatoria, resolución e impugnación de axudas en materia de normalización lingüística».

-No artigo sétimo introdúcese o punto 22, que queda redactado do seguinte modo:

«22. As derivadas da coordinación da prevención de riscos da USC».

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2001.

F. Darío Villanueva Prieto

Rector da Universidade de Santiago de Compostela