Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 06 de marzo de 2001 Páx. 2.770

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 7 de febreiro de 2001 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión de subvencións para a modernización e mellora do pequeno comercio en desenvolvemento do programa cuadrienal de modernización do sector comercial retallista de Galicia, e se procede á súa convocatoria para o ano 2001.

Advertidos erros na devandita orde publicada no DOG número 32, do 14 de febreiro de 2001, deben facerse as oportunas correccións:

-Na páxina 1.967, no seu artigo 1.2º.1, letra a), parágrafo segundo, na 2ª liña, onde di: «...concesión dos equipos da Internet...», deberá dicir: «...conexión dos equipos á Internet...».

-Na páxina 1.968, no seu artigo 3.2º, parágrafo 6, na 1ª liña, onde di: «Declaración expresa responsable...», deberá dicir: «Declaración responsable...».

-Na páxina 1.968, no seu artigo 3.2º, parágrafo 8, onde di: «Breve descrición do proxecto e obxectivos que se pretenden acadar», deberá dicir: «Breve memoria descritiva do proxecto, obxectivos que se pretenden acadar e fontes de financiamento».

-Na páxina 1.968, no seu artigo 3.2º, parágrafo 10, onde di: «Certificación acreditativa expedida pola asociación ou agrupación de comerciantes correspondente de que o devandito investimento se enmarca dentro dun proxecto global promovido por elas», deberá dicir: «Certificación acreditativa, expedida pola asociación ou agrupación de comerciantes correspondente, de que o devandito investimento se enmarca dentro dun proxecto global promovido por elas, se é o caso».

-Na páxina 1.969, no seu artigo 9.1º, letra c), onde di: «Certificación acreditativa da non existencia de débedas de natureza tributaria coa Xunta de Galicia», deberá dicir: «Certificación acreditativa da non existencia de débedas de calquera natureza coa Administración da Xunta de Galicia».