Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 06 de marzo de 2001 Páx. 2.769

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 48/2001, do 16 de febreiro, polo que se dispón a substitución dun representante do Consello Social da Universidade de Vigo.

Os artigos 3 e 5 da Lei 5/1987, do 27 de maio (DOG nº 103, do 2 de xuño), do Consello Social da universidade e do Consello Universitario de Galicia, determinan o número de membros que compoñen o Consello Social da universidade e o número e a forma de elección dos representantes da Xunta de Goberno.

A Universidade de Vigo, en uso das súas competencias, comunicoulle á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a baixa de Luis Espada Recarey como membro do Consello Social desa universidade en representación da Xunta de Goberno e a súa substitución por Pedro Merino Gómez, para os efectos previstos no artigo 7 da Lei 5/1987.

Así mesmo, recibíronse nesta consellería, en cumprimento do artigo 8 da mencionada Lei 5/1987, do 27 de maio, do Consello Social da universidade e do Consello Universitario de Galicia, os documentos preceptivos por parte do novo membro designado de non incorrer en incompatibilidade.

Por todo iso, por instancia da Universidade de Vigo e por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, en cumprimento do artigo 7 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día dezaseis de febreiro de dous mil un,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Nomear como membro do Consello Social da Universidade de Vigo a Pedro Merino Gómez en representación da Xunta de Goberno.

Esta persoa substitúe, polo mesmo concepto, a Luis Espada Recarey, que cesa como membro do Consello Social da Universidade de Vigo, agradecéndolle os servicios prestados.

Artigo 2º

Deste xeito, o Consello Social da universidade de Vigo queda integrado polas seguintes persoas:

I. En representación da Xunta de Goberno da Universidade de Vigo:

Domingo Docampo Amoedo, rector da universidade.

Margarita Estévez Toranzo, secretaria xeral da universidade.

Julio Taboada Pérez, xerente da universidade.

Pedro Merino Gómez, membro da Xunta de Goberno.

José M. Cid Fernández, membro da Xunta de Goberno.

Luís Ortiz Torres, membro da Xunta de Goberno.

José Tojo Suárez, membro da Xunta de Goberno.

Juan Carlos Carpintero Sánchez, membro da Xunta de Goberno.

Gonzalo Marino González, membro da Xunta de Goberno.

Luís Pérez Gómez, membro da Xunta de Goberno.

II. Representantes dos intereses sociais de Galicia:

a) Designados polo Parlamento de Galicia:

Manuel Bermúdez Couso.

Julio Bernardo Estévez Fernández.

Enrique Magdalena Vila.

José Bernardo López Abadín.

Antonio Pol González.

Mª Teresa del Rosario Vidal Gallego.

b) Designados pola Xunta de Galicia:

Alfonso Zulueta de Haz, presidente do Consello Social.

Fernando Conde Montero-Ríos.

Ernesto Baltar Feijóo.

Alberto Iglesias Díaz.

Amador Vázquez Vázquez.

c) Designados polos sindicatos:

Juan Ignacio Pérez Méndez, por Comisións Obreiras de Galicia.

Santos Héctor Rodríguez Díaz, pola Unión Xeral de Traballadores de Galicia.

d) Designados polas organizacións empresariais:

Guillermo Alonso Jáudenes.

Manuel Rodríguez de la Fuente.

Disposición derradeira

Única.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, dezaseis de febreiro de dous mil un.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria