Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (24/1994).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 25 de maio de 2000 adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Retrotraer ó momento da realización do trámite de información pública da aprobación inicial do proxecto referido, dando traslado del, ademais de a tódolos que poidan aparecer como interesados no expediente, á entidade mercantil La Gloria, S.A.

De conformidade co disposto nos artigos 102, 120 e 121 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, sométese o citado expediente a exposición pública polo prazo de vinte días, que empezará a contar a partir do día seguinte ó da última publicación oficial deste anuncio, para que tódalas persoas interesadas poidan achega-las alegacións que consideren pertinentes.

Este anuncio suple as circunstancias que poidan concorrer no disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 23 de novembro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente