Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LEIRO

EDICTO.

Publicación da adxudicación da obra de abastecemento e rede de sumidoiros en Leiro e Esperela. Fondo de Cooperación coas Entidades Locais ano 2000.

1. Nome do adxudicatario: Construcciones Benigno Álvarez, S.L.

2. Modalidade de adxudicación: concurso, procedemento e tramitación urxente.

3. Data de adxudicación: 28 de decembro de 2000.

4. Criterios para a adxudicación: mellora en calidade de materiais e reposicións, prazo de garantía, asistencia técnica e mantemento e obras similares realizadas.

5. Número de ofertas: unha.

6. Prezo: 12.776.734 pesetas.

Leiro, 17 de xaneiro de 2001.

Francisco José Fernández Pérez

Alcalde