Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.763

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA GUARDA

ANUNCIO de licitación.

Aprobado por decreto da alcaldía, do 23 de febreiro de 2001, o expediente de contratación, incluídos os pregos de cláusulas administrativas particulares técnicas que rexerán o concurso para a contratación da adquisición de vehículo compactador-recolector, expóñense o público durante 8 días, contados a partir do seguinte ó de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que poidan presentarse reclamacións polos que se consideren interesados.

Simultaneamente, anúnciase o concurso, aprazándose a licitación se resultase necesario por formularse reclamacións contra os pregos.

Entidade adxudicadora.

Concello da Guarda, praza do Reloxo, s/n, 36780. Teléfono 986 61 00 00. Fax 986 61 02 83.

Obxecto do contrato.

Adquisición do vehículo compactador-recolector.

Tipo de licitación.

17.000.000 de pesetas (102.172,06 euros).

Modalidade de adxudicación.

Concurso público, procedemento aberto, tramitación urxente.

Garantías.

Provisional: 2% do orzamento.

Definitiva: 4% do orzamento.

Exame do expediente.

Os licitadores poderán examina-lo expediente na secretaría xeral do concello, das 9 ás 13 horas, excepto sábados e festivos, e ata o día anterior ó do remate do prazo de presentación de proposicións.

Presentación de proposicións.

No rexistro xeral do concello, dentro do prazo de 13 días naturais, contados a partir do día da última publicación deste anuncio no DOG das nove ás trece horas e de luns a venres, na forma sinalada na cláusula décimo terceira do prego de cláusulas administrativas técnicas. Se o último día de presentación de ofertas fose inhábil, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

Apertura das proposicións.

A apertura terá lugar ás 13 horas do día hábil seguinte ó sinalado como último para a presentación de proposicións (para estes efectos o sábado considerarase inhábil).

Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

A Guarda, 23 de febreiro de 2001.

José Luis Alonso Riego

Alcalde