Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 05 de marzo de 2001 Páx. 2.764

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1178/2000).

Anúnciase que a Comisión Municipal de Goberno, en sesión ordinaria do día 25 de xaneiro de 2001 adoptou, entre outros o seguinte acordo:

Aprobar definitivamente o proxecto de reparcelación de predios nas zona 3 do SU 17, por instancia de Manuel Cruz Rodríguez, en representación de Clara Luisa Ojea Bóveda, María Raquel Vázquez Fernández e Antonio Ojea Bóveda, unicamente na súa parte relativa á regularización de predios, excluíndo toda segregación ou agrupación.

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 31 de xaneiro de 2000.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente