Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SOUTOMAIOR

ANUNCIO.

O Concello de Soutomaior aprobou o procedemento de adxudicación, por concurso, da concesión de uso privativo de bens de dominio público a que se refire este anuncio.

Simultaneamente ó concurso, exponse ó público o prego de condicións polo prazo de catro días hábiles desde a súa aplicación no BOP ou no DOG, último no que se publique, aprazándose a licitación no suposto de que se presenten reclamacións contra el.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Soutomaior.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: concesión de uso privativo de bens de dominio público mediante a instalación de quiosco na carballeira do peirao de Arcade.

b) Prazo da concesión: 1 ano, prorrogable ata 4 anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

Provisional: 2.960 pesetas.

Definitiva: 7.400 pesetas.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Soutomaior.

b) Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, número 8.

c) Localidade e código postal: 36691 Soutomaior.

d) Teléfono: 986 70 51 06.

e) Telefax: 986 70 53 33.

f) Data límite de obtención de documentos e informacion: a da presentación das proposicións.

6. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 8 días hábiles desde o seguinte ó da publicación do anuncio no BOP ou no DOG último no que se publique.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada no prego de condicións administrativas.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Soutomaior.

2ª Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, número 8.

3ª Localidade e código postal: 36691 Soutomaior.

d) Os criterios que servirán de base para a adxudicación serán os seguintes:

1. Experiencia en actividades análogas na vía pública: 1 punto por cada ano ou fracción, cun máximo de 10 puntos.

2. Ampliación do período e/ou horario de apertura mínima do quiosco: 0,5 puntos por hora/día/mes, cun máximo de 18 puntos.

3. Incremento do canon mínimo anual. 1 punto por cada 10.000 pesetas, máximo de 10 puntos.

4. Non exercer outra actividade comercial ou mercantil: 5 puntos.

7. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Soutomaior.

b) Domicilio: rúa Alexandre Bóveda, número 8.

c) Localidade: Soutomaior.

d) Data: o terceiro día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas. Se coincidise en sábado, o seguinte día hábil.

e) Hora: 12 horas.

8. Gastos de anuncios: adxudicatario.

Soutomaior, 16 de febreiro de 2001.

O alcalde

Rubricado