Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.719

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN CIDADE DA CULTURA DE GALICIA

ACORDO do 26 de febreiro de 2001 polo que se anuncia a licitación, mediante procedemento aberto e por concurso, da contratación das obras de explanación e rasanteo dos terreos onde vai situada a Cidade da Cultura de Galicia.

En cumprimento do establecido na Lei 10/1996, do 5 de novembro, de actuación de entes e empresas nas que ten participación maioritaria a Xunta de Galicia, en materia de persoal e contratación, o Padroado da Fundación Cidade da Cultura de Galicia convoca a licitación, mediante procedemento aberto por concurso, do seguinte contrato de obras:

Explanación e rasanteo dos terreos onde vai situada a Cidade da Cultura de Galicia.

-Orzamento de licitación: mil cincocentos corenta e un millóns setecentas noventas e dúas mil catrocentas vintesete pesetas (1.541.792.427 pesetas, equivalentes a 9.266.359,11 euros) IVE incluído.

-Prazo de execución: seis (6) meses.

-Clasificacións requiridas: grupo A, subgrupo 1, categoría f. Grupo A, subgrupo 2, categoría f.

Garantía provisional: 30.835.848 pesetas, equivalentes a 185.327,18 euros.

-Garantía definitiva: 4% do importe de adxudicación.

-Exposición da documentación: o prego de cláusulas particulares e o proxecto poderán recollerse na sede da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, situada en Santiago de Compostela, edificio Hospital San Roque, r/ San Roque nº 2, 15704 Santiago de Compostela, durante o prazo de presentación de proposicións, das 10 ás 14 horas, teléfono 981 55 21 07.

-Lugar, forma e prazo de presentación de proposicións: o prazo de presentación de propostas rematará o día vintedous de marzo. As propostas presentaranse no rexistro xeral da sede da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, situada en Santiago de Compostela, edificio Hospital San Roque, r/ San Roque nº 2, 15704 Santiago de Compostela, ata as 14 horas do último día de prazo para presenta-la documentación. Se as proposicións se cursan por correo, haberá que aterse ó previsto na cláusula 11 do prego de cláusulas particulares.

-Documentación que presentarán os licitadores: a establecida pola cláusula 10 do prego de cláusulas particulares.

-Exame das propostas: a mesa de contratación reunirase ás 12 horas do décimo día natural seguinte ó de remate do prazo de admisión de proposicións, na sala de xuntas da Fundación Cidade da Cultura de Galicia. Se coincidise en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte á mesma hora.

O importe do anuncio deste concurso será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de febreiro de 2001.

Jesús Pérez Varela

Presidente do Padroado da Fundación Cidade

da Cultura de Galicia