Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.718

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 30 de xaneiro de 2001 pola que se anuncia a licitación para a contratación das obras incluídas no proxecto de pavimentación e urbanización do acceso á igrexa e cemiterio de Salcedo.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Pontevedra. a) Órgano de contratación: Comisión de Goberno. b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación.

2. Obxecto: a) Obxecto: execución das obras do proxecto. b) Prazo: dous meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, aberto, poxa.

4. Orzamento da licitación: 26.610.000 pesetas, incluídos todo xénero de gastos, IVE e dirección técnica da obra.

5. Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

6. Garantías: a) Provisional: 532.200 pesetas. b) Definitiva: 4% da adxudicación.

7. Obtención de documentación e información: a) Lugar: Servicio de Contratación do concello. Pra-

za de España. Pontevedra 36071. Tlf/fax: 986 80 43 00/986 86 01 02. b) Data límite de obtención de documentos e información: vinteseis (26) días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG.

8. Presentación das ofertas: a) Data límite: vinteseis días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG. b) Documentación: cláusula 12ª do prego. c) Lugar: rexistro xeral do concello, das 9 ás 13 horas. d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: vinte días.

9. Apertura das ofertas: pola mesa de contratación o primeiro luns seguinte hábil ó do remate do prazo sinalado para a presentación das ofertas, ás 9 horas na sala de xuntas.

10. Gastos: serán por conta do adxudicatario os seguintes: a) Os dos anuncios que xere a poxa e os seus actos preparatorios. b) Os tributos estatais, autonómicos e municipais que deriven do contrato, incluído o IVE. c) Os de formalización do contrato de adxudicación en documento administrativo de conformidade coa ordenanza fiscal reguladora da taxa. d) Os gastos de dirección técnica das obras.

Pontevedra, 30 de xaneiro de 2001.

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral

Raimundo González Carballo

Teniente alcalde delegado de área