Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DA CORUÑA

ANUNCIO (EDD-11/2000).

O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 12 de febreiro de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o estudio de detalle promovido por Promocións V-Coruña, S.L. na travesía de Laracha.

Segundo.-Proceder á publicación deste acordo no Diario Oficial de Galicia e BOP.

Terceiro.-Notificarllo ó interesado.

Cuarto.-Contra este acordo cabe interpor recurso contencioso-administrativo perante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da publicación no DOG, aínda que previamente, e con carácter potestativo, cabe interpor recurso de reposición perante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes. Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición o prazo para interpo-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados a partir do día seguinte ó da notificación ou noutro caso, o de seis meses contados a partir da desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

Quinto.-Comunicarllo ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado do expediente administrativo e de dous exemplares do documento, en cumprimento do establecido no artigo 48.3º da LSG.

Sexto.-Requiri-lo promotor para que pesente o instrumento de xestión axeitado para materializa-la cesión de 131,63 m de vía que completa a apertura da travesía da Laracha, autorizándose o alleamento

do subsolo con destino a circuito de circulación interior do garaxe para executar no ámbito do estudio de detalle polo importe que se determine no informe técnico que para o efecto se emita como acto previo á aprobación da reparcelación.

O que se comunica para xeral coñecemento a efectos previstos no presente acordo.

A Coruña, 19 de febreiro de 2001.

Salvador Fernández Moreda

Concelleiro delegado de Urbanismo