Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CAMBRE

ANUNCIO.

Acordo do 19 de xaneiro de 2001, da Comisión de Goberno, respecto da convocatoria para prover en propiedade as seguintes prazas: unha de cabo da policía local e catro de gardas da policía local.

O BOP da Coruña número 27, con data do 2 de febreiro do ano que andamos, publica as bases da convocatoria unitaria e as específicas que a seguir se sinalan:

-Convocatoria específica 1/2000 para prover en propiedade, mediante concurso por promoción interna, unha praza vacante de cabo da policía local, pertencente á escala de Administración especial,

subescala de servicios especiais, clase policía local, grupo D.

-Convocatoria específica 2/2000 para prover en propiedade, mediante oposición libre, catro prazas vacantes de gardas da policía local, pertencente á escala de Administración especial, subescala de servicios especiais, clase policía local, grupo D.

O prazo para presenta-las instancias é de vinte días naturais contados a partir do día seguinte ó da publicación deste extracto no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios correspondentes ás convocatorias anteriores publicaranse no BOP da Coruña e no taboleiro de anuncios do concello.

Cambre, 6 de febreiro de 2001.

Antonio Varela Saavedra

Alcalde