Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BUEU

ANUNCIO de exposición pública.

Aprobado inicialmente por acordo do Pleno deste Concello, do 3-1-2001, o expediente de modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal respecto á fixación dos límites da ordenanza 11 e 8 no predio soto na avda. de Agrelo, 16 desta vila, sométese a información pública polo prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da aparición deste anuncio no último dos boletíns ou xornais nos que deba ser publicado (BOP, DOG e Diario de Pontevedra).

Durante o dito prazo o expediente atoparase á disposición dos interesados para que poidan examinalo e presenta-las alegacións que teñan por pertinentes.

Bueu, 23 de xaneiro de 2001.

Tomás Barreiro Sotelo

Alcalde