Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.717

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FENE

EDICTO.

O Concello Pleno, en sesión que tivo lugar con data do 9 de febreiro de 2001, adoptou os seguintes acordos:

1. Suspender, coa finalidade de inicia-lo estudio e redacción do correspondente planeamento de desenvolvemento, o procedemento de outorgamento de licencias de parcelación de terreos, edificación e demolición nas seguintes áreas de desenvolvemento:

ZonaNomeFiguraMotivos

1SartegoPEMIMellora da urbanización de Sartego

2A OstreiraPPOrdenación

3A XunqueiraPERIOrdenación (Carburos/Ecinsa)

4Cádavo NortePERIOrdenación

5Cádavo SurPERIOrdenación (límite Norte de Centieiras)

6Casa ConsistorialPERIOrdena-la extensión da praza pública

7CentieirasPPAcurtar prazos execución

8Astano SurPERIVía de costa

9Pallotas/Rúa BaixaPERIOrdenación

10Bouza da PenaPPOrdenación/Vía de costa

11Carril SurPPVía de costa

12Costa de BarallobrePPVía de costa

13O RamoPPVía de costa

14Ribeira de ManiñosPEMMNParque

15Vía férrea ManiñosPERIVías de sistema xeral Maniños

2. A suspensión de licencias extinguirase, en todo caso, no prazo dun ano.

3. Este acordo publicarase no Diario Oficial de Galicia, no BOP en un dos xornais de maior circulación da provincia.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Fene, 12 de febreiro de 2001.

Xosé María Rivera Arnoso

Alcalde