Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.653

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 12 de febreiro de 2001 pola que se aproban os temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso en diversas escalas dos corpos de Administración especial da Xunta de Galicia.

A Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, establece no seu artigo 32.1º que as probas selectivas de funcionarios serán teóricas e prácticas e deberán adecuarse ós postos de traballo que se vaian ocupar.

Así mesmo, na alínea 3 do artigo 35 da Lei 4/1988 establece que: «Os programas das probas de selección e, se é o caso, dos cursos de formación deberán procurar especialmente que as materias esixidas se correspondan co desenvolvemento posterior das tarefas que se van cumprir».

De conformidade co dito precepto, esta consellería resolve aproba-los temarios que rexerán nos procesos selectivos para o ingreso nas diversas escalas dos corpos de Administración especial da Xunta de Galicia creados polo artigo 19 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e que se publican como anexo a esta orde.

Santiago de Compostela, 12 de febreiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración

Pública

Corpo facultativo de grao medio da Xunta

de Galicia (grupo B)

Parte común a tódalas escalas.

1. O concepto de constitución. A constitución como norma xurídica. A Constitución española de 1978, principios informadores. Estructura.

2. A Coroa: funcións constitucionais. As Cortes Xerais. O Congreso dos Deputados e o Senado. Composición e funcións. Aprobación das leis.

3. O Goberno. A súa composición e funcións. Relación entre o Goberno e as Cortes. A Administración do Estado. Órganos centrais. Órganos periféricos.

4. O Estatuto de autonomía de Galicia. Competencias da Comunidade Autónoma. A Xunta de Galicia e o seu presidente.

5. O Parlamento de Galicia. A Administración pública da Comunidade Autónoma. O Consello da Xunta. Organización e estructura das consellerías.

6. O persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Réxime xurídico da función pública galega.

7. As comunidades europeas: institucións comunitarias. A Acta Única Europea. Tratado da Unión Europea. Tratado de Amsterdam.

8. O procedemento administrativo: concepto e natureza. A Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común: ámbito de aplicación e principios informadores. O procedemento administrativo: iniciación, ordenación, instrucción e terminación. Os recursos administrativos: concepto e clases, requisitos xerais.

9. Os contratos administrativos: natureza, caracteres e clases. Elementos: suxeitos, obxecto, causa e forma. Formas de contratación. Contido e efectos dos contratos. Resolución, recisión e renuncia.

10. A xestión económico-financeira pública de Galicia. A facenda e o patrimonio da Comunidade Autónoma. Os orzamentos da Comunidade Autónoma. O control orzamentario. O Consello de Contas.

Temas específicos da especialidade de arquitectos técnicos.

1. Normas básicas da edificación (NBE) e normas tecnolóxicas da edificación (NTE): obrigatoriedade; normas básicas en vigor, contido; normas tecnolóxicas, clasificacións e especificacións.

2. Contratación de obras: lexislación vixente. Actuacións preparatorias: proxecto, supervisión e replanteo. Efectos do contrato de obras. Execución do contrato de obras. Recepción e liquidación das obras.

3. Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado.

4. Accións na edificación. Normativa básica vixente: clasificación das accións; tipo de sobrecargas; clasificación dos terreos de cimentación.

5. Movementos de terras: replanteos; esteamentos e drenaxes; medidas de seguridade.

6. Cimentacións: replanteo, sistemas de cimentación, seguimento, control e inspección.

7. Formigóns: normativa; consideracións xerais; compoñentes básicos; execución; control de calidade; tipos de formigóns.

8. Estructura de aceiro: normativa; control da execucións; protección contra a corrosión e o lume.

9. Albanelería: fábrica de ladrillo, bloques e outros materiais; normativa; muros de carga; materiais e condicións de execución.

10. Cubertas: normativa; materiais de cubrición.

11. Carpintería de taller: normativa; materiais e tipos de carpintería; control de calidade e condicións de execución.

12. Revestimentos de chans: normativa; materiais e condicións de execución.

13. Revestimentos de paredes e teitos: normativa; materiais e condicións de execución.

14. Instalacións de electricidade: normativa, subministracións en baixa tensión; previsión de cargas; instalacións de enlace; esquemas; acometidas; protección; posta a terra.

15. Distribución de auga fría: normativa; esquemas de trazado da instalación e compoñentes dela.

16. Producción e distribución de auga quente sanitaria: normativa; clasificación dos sistemas de producción; esquemas e compoñentes da instalación.

17. Evacuación e saneamento: normativa; clasificación das redes de evacuación; esquemas e compoñentes.

18. Instalacións de calefacción e climatización: normativa; clasificación dos sistemas de calefacción; esquemas e compoñentes deles.

19. Instalacións de gases combustibles; normativa; clasificación dos gases combustibles; descrición da instalación.

20. Aparellos elevadores: normativa; xeneralidades; esquemas.

21. Instalacións de telecomunicacións: normativa; xeneralidades; esquemas.

22. Protección contra incendios nos edificios: normativa; instalacións de protección; condicións xerais de evacuación dos edificios.

23. Condicións térmicas nos edificios: normativa; proceso de cálculo do kg dos edificios; condensacións; control, recepción e ensaios de materiais illantes.

24. Condicións acústicas nos edificios: normativa; condicións esixibles ós elementos constructivos; control, recepción e ensaios de materiais. Lei e regulamento de protección contra a contaminación acústica.

25. Iluminación: iluminación interior; iluminación exterior; niveis de iluminación; tipo de lámpadas; magnitudes e unidades de medida.

26. Control de calidade: normativa técnica; control de calidade no proceso constructivo (control de materiais e de execución da obra).

27. Organización de obra: planning de traballos; tipos e importancia; PERT, GANTT.

28. Seguridade e saúde nas obras de construcción: normativa; estudio e plan de seguridade e saúde.

29. Medición e valoración: criterios de medición das unidades de obra; prezos unitarios, auxiliares e descompostos. Valoración de obras en execución e rematadas. Orzamento de execución material e de contrata.

30. Accesibilidade e supresión de barreiras arquitectónicas na Comunidade Autónoma de Galicia: normativa.

31. Lei de ordenación da edificación.

32. Principios xerais do urbanismo: os plans e as súas determinacións básicas. As licencias urbanísticas. A inspección urbanística. Inspección de construccións e levantamento de actas e informes.

Proposta de modificación. Temas específicos da especialidade de enxeñeiro técnico topógrafo.

1. Teoría de erros: clasificación de erros, sistemáticos e accidentais. Medidas directas: concepto de media; a media aritmética e as súas propiedades; concepto de precisión e exactitude. O límite de percepción visual e a escala. Tipos de erros.

2. Medidas indirectas: observacións indirectas relacionadas e non relacionadas por ecuacións lineais. Curva de distribución de erros: relación entre erros definidos; composición ou transmisión de erros: media ponderada (peso).

3. Compensación por mínimos cadrados: ecuacións de condición e de relacións de observación.

4. Instrumentos topográficos: fundamentos da medición óptica de ángulos; fundamento dos distanciómetros electrónicos por ondas. GPS: tipos máis usuais no mercado; antenas; constelacións; métodos usuais de traballo con GPS de dobre frecuencia.

5. Comprobación e corrección de erros dos instrumentos topográficos. Erros sistemáticos dos instrumentos topográficos.

6. Niveis de liña automáticos: descrición, comprobación e correccións; causas de erros nos niveis.

7. Nivelación trigonométrica ou por pendentes. Nivelación xeométrica; métodos do punto medio e punto extremo: cálculo do erro de peche, tolerancia e compensación; cálculo do erro quilométrico; nivel máis axeitado para cada traballo.

8. Radiación; método de radiación; radiación gráfica e numérica; elipses de tolerancia e comparación entre a radiación gráfica e a numérica.

9. Itinerarios; método itinerario ou poligonal; diversos tipos de itinerario; influencia dos erros angulares nos itinerarios; erro lineal; erro total.

10. Acimutes nos itinerarios; cálculo de acimutes; referencia de acimutes á orixe; tolerancia e compensación do erro acimutal; determinación do erro acimutal previo ó cálculo de acimutes; tolerancias e compensación dos erros de peche en coordenadas; elipse de tolerancia dun itinerario.

11. Interseccións; intersección directa; erro máximo e lonxitudes máximas das visuais; intersección inversa; erro máximo da intersección inversa; selección das mellores interseccións.

12. Redes dos levantamentos topográficos; anteproxecto e proxecto dunha rede principal; sinais permanentes nos vértices dunha rede principal; métodos e instrumentos máis usuais na observación dunha rede principal.

13. Rede topográfica intermedia, a súa finalidade e métodos máis usuais; traballos de gabinete; compensación conxunta de redes. Rede de detalle ou recheo, a súa finalidade, métodos de traballo; rexistros, esbozo e toponimia; traballos de gabinete.

14. Orzamentos e organización dos traballos de levantamento topográfico; dificultades do cálculo do orzamento en Galicia; traballos e rendementos nas diversas redes; orzamentos e organización dos traballos de campo e gabinete.

15. Fundamentos da fotogrametría; puntos de control; aerotriangulación e aeropoligonación; orientación interna e externa; restitución.

16. Cámaras métricas; peculiaridades, descrición e calibración das cámaras aéreas; toma de fotogramas e proxecto dun voo fotogramétrico; restitución dixital.

17. Definición e obxectivos da teledetección; ecuacións de Maxwell; propagación das ondas electromagnéticas na atmosfera; espectro electromagnético subdivisión da rexión óptica, cualidades topográficas das ondas RADAR; orixe da radiación electromagnética e a súa interacción coa materia; principais termos radiométricos; relación entre reflectancia, transmitancia e absorbencia.

18. Interacción da radiación electromagnética coa atmosfera; constituíntes atmosféricos; dispersión atmosférica; absorción atmosférica molecular; transferencia da radiación na atmosfera; correccións atmosféricas.

19. Características espectrais dos solos; propiedades físicas; influencia da constitución e do estado superficial do solo na reflectancia.

20. Características espectrais da vexetación; influencia das compoñentes da cuberta vexetal; reflectancia da cuberta vexetal; influencia do sol e doutros factores; índice de vexetación.

21. Realce de imaxes; principais filtros espaciais, transformación a compoñentes principais; clasificación de imaxes con adestramento supervisado e non supervisado; erros na clasificación.

22. Orixe dos sismos; tipo de ondas sísmicas e as súa propagación; fundamentos dos sismógrafos; sismogramas; determinación da magnitude e das coordenadas focais dun terremoto; perfís sísmicos.

23. Trazados de obras lineais; sección tipo; curvas de transición (clotoide); acordo vertical (parábola); o peralte e a súa transición; sobreanchos; cálculo de volumes de movementos de terras e firmes; bases de replanteo, nivelación de firmes.

24. Control da calidade xeométrica dunha obra; control xeométrico de movementos de terras; control xeométrico de estructuras; control xeométrico de trazado e afirmado; fases nas que se deben realizar os controis.

25. Transformación de Heltmert; aplicación para un control métrico dun levantamento topográfico parcelario de gran extensión superficial.

26. Proxecto de execución dun levantamento topográfico parcelario na Galicia rural con voo fotogramétrico a escala 1:1.000; fases do traballo; métodos que hai que empregar; calidades; estructura dos datos gráficos nun programa de CAD e bases de datos numéricas e alfanuméricas; rendementos dos traballos de campo e de gabinete; observacións e comentarios.

27. Figura da Terra; xeoide e elipsoide; ecuación e puntos Laplace; liñas xeodésicas; reducción dunha base medida directamente ó elipsoide; corrección de acimut por altitude ó punto visado.

28. Proxeccións cartográficas; sistemas gnomónica, estereográfica e ortográfica; a proxección UTM.

29. Cartografía; o mapa como sistema de comunicación; signos convencionais; a cor en cartografía; toponimia en Galicia; normas xerais sobre topónimos; xeralización; mapas temáticos; tratamentos dos datos que hai que representar.

30. Cartografía asistida por ordenador; bases cartográficas dixitais.

31. Sistemas de información xeográfica como almacenamento dos datos dun territorio; SIX vectorial e ráster; estructura dos SIX; bases de datos; topoloxía; introducción de datos nun SIX vectorial e presentación de resultados.

Temas específicos da escala de axentes de extensión pesqueira.

1. Competencias da Comunidade Autónoma en materia de pesca, marisqueo e acuicultura. A Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura. O servicio de extensión.

2. O sector pesqueiro en Galicia. Consideracións dos distintos subsectores. Poboación activa no sector da pesca. Producción final pesqueira: importancia e composición. Evolución e perspectivas.

3. O sector pesqueiro en Galicia: importancia no contexto español e na CE. Evolución e perspectivas. A política pesqueira comunitaria. Axudas comunitarias ó sector.

4. Aproveitamento dos recursos pesqueiros en Galicia. A flota pesqueira de baixura. Modalidades. Especies. Artes e aparellos. Regulamentación.

5. O marisqueo en Galicia: historia e evolución. Características sociais e económicas. As artes de marisqueo e a súa regulamentación.

6. A acuicultura en Galicia. Importancia económica e social. Principais especies cultivadas. Sistemas. Evolución e perspectivas.

7. Industrias pesqueiras: tipos. Importancia e distribución en Galicia. Infraestructura do sector. Producción. Evolución e perspectivas.

8. A investigación pesqueira en Galicia. Liñas principais de actuación. Ensinanzas náutico-pesqueiras: titulacións menores. Carnés de acreditación en técnicas de cultivos mariños.

9. As confrarías de pescadores. Evolución histórica. Estructura e funcións. A Lei de confrarías de 1993. Outras asociacións no ámbito pesqueiro e marisqueiro de Galicia: cooperativas do mar e organizacións de productores.

10. A Lei de pesca 6/1993. Lexislación complementaria.

11. A Lei 6/1991, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

12. O medio mariño: características físicas e químicas da auga do mar.

13. A producción primaria: factores limitantes. Redes tróficas.

14. O plancto: o seu papel nos ecosistemas mariños. Distribución especial. Distribución temporal: ciclo anual do fitoplancto.

15. Dinámica mariña. Ondas, correntes e mareas. Topografía, batimetría e xeoloxía submarinas. Os afloramentos.

16. Características xeográficas das rías galegas. A súa dinámica mariña: circulación estuárica e producción.

17. O marisqueo: concepto do marisco. Especies principais: moluscos, crustáceos e equinodermos. Características biolóxicas.

18. Explotación racional dos recursos marisqueiros: técnicas de cultivo extensivo. Labores de semicultivo.

19. Ordenación dos recursos pesqueiros e marisqueiros: os plans de pesca. Permisos de explotación. Lexislación.

20. Cultivo de moluscos bivalvos en Galicia. Especies principais. Metodoloxía e instalacións.

21. O cultivo do mexillón en Galicia. Técnicas de cultivo. Distribución por rías. Importancia e evolución.

22. As mareas vermellas: descrición do fenómeno. Metodoloxía e control. Control de calidade da auga para cultivo de moluscos. Clasificación das zonas de producción

23. Transformación e comercialización dos productos marisqueiros. Control sanitario dos moluscos bivalvos. Depuración.

24. A piscicultura. Cultivos auxiliares: fitoplancto e zooplancto. O cultivo de peixes en Galicia, especies principais e producción.

25. As algas macrofitas de interese industrial en España. Aplicacións das algas e dos seus derivados. Cultivo de algas. A recolección: regulamentación.

26. A conservación do medio e dos recursos mariños. A contaminación mariña. Diferentes fontes de contaminación.

27. O coñecemento da realidade. Tipos de coñecemento e teorías explicativas. Análise do comportamento. Rol e status.

28. Cultura e cambio de actitude. Dinámica de grupos. A integración no medio do axente de extensión. O axente de extensión como axente de cambio. O papel de líder.

29. O proceso da comunicación oral e escrita aplicado ós métodos de masas. Factores psicolóxicos. Factores sociais. As barreiras: no emisor, na mensaxe, no receptor. Condicionamentos psico e sociolingüísticos.

30. Recursos didácticos audiovisuais: o vídeo, a proxección fixa, o encerado eléctrico, o franelograma.

Parte xeral común a tódalas escalas (grupo C)

1. A Constitución española de 1978: estructura e contido. A Coroa. Funcións constitucionais do Rei. O Tribunal Constitucional

2. As Cortes Xerais: composición, atribucións e funcionamento.

3. O Goberno: composición e funcións. O presidente do Goberno. Os ministros.

4. A Comunidade Autónoma de Galicia. O Estatuto de autonomía. As competencias da Comunidade. O parlamento. A Xunta de Galicia e o seu presidente. A Administración autonómica. Organización e estructura das consellerías.

5. O procedemento administrativo como garantía. A Lei de réxime xurídico das administracións públi

cas e do procedemento administrativo común: contido e ámbito de aplicación. Idea xeral da iniciación, ordenación, instrucción e terminación do procedemento administrativo. Os recursos administrativos: concepto e clases.

6. Os contratos administrativos: concepto e clases. Estudio dos elementos. O seu cumprimento. Alteracións contractuais. Incumprimento dos contratos administrativos.

7. O persoal ó servicio da Administración da Comunidade Autónoma. Persoal funcionario e persoal laboral. Réxime xurídico da función pública galega.

Temas específicos da escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira. Especialidade de mariñeiros especializados. Clase Mecamares.

1. Motores diesel: descrición dos elementos constitutivos.

2. Motores diesel: principio de funcionamento. Ciclos de funcionamento nos distintos motores (4 e 2 tempos).

3. Instalación dos motores. Propulsores a bordo: características. Reductor/Inversor. Bucina e hélices.

4. Sistemas de arranque nos motores diesel: arrancada por inercia. Arrancada electrónica. Cambios de marcha, mecánicos: inversor de dobre cono. Preparación para a arrancada do motor: fallos e causas.

5. Combustión: elementos que interveñen na combustión.

6. Combustibles: xeneralidades. Combustibles utilizados nos motores de combustión interna: características principais dos combustibles.

7. Lubricación: xeneralidades. Lubricantes utilizados nos motores de combustión interna. Coidados prestados ós lubricantes.

8. Potencias dos motores: consumo por CV/hora. Variación coa potencia desenvolvida. Cálculo do combustible necesario para unha travesía.

9. Instalación propulsora dun buque de pesca: circuítos de combustible, lubricación e refrixeración: elementos.

10. Motores de explosión: principios de funcionamento. Ciclo de traballo dun motor de explosión de catro tempos. Descrición dos elementos fixos móbiles que constitúen un motor diesel de catro tempos.

11. Motores de explosión: acendido eléctrico por batería e delco. Conservación: carburador elemental. Inxección do combustible. Idea xeral do funcionamento dunha bomba de combustible.

12. Revisións e coidados durante a marcha, manobras e cambios de réxime: importancia das instruccións do constructor: información e rexistro. Funcionamento de emerxencia.

13. Revisións e coidados durante a marcha, manobras e cambios de réxime: anomalías de funcionamento: causas. Precaucións na parada do motor. Preparación para unha parada prolongada.

14. Baterías: principios de funcionamento. Capacidade de carga e descarga. Mantemento dun grupo de baterías. Verificación do electrólito. Limpeza de bornes.

15. Xeradores de corrente eléctrica a bordo: dínamos e alternadores: descrición e características.

16. Motores eléctricos: construcción. Principios de funcionamento. Normas xerais de conservación. Partes de revisións periódicas. Funcionamento defectuoso.

17. Motores e bombas hidráulicas: estructuras dunha instalación hidráulica. Compoñentes básicos e características principais dunha instalación hidráulica. Mantemento dunha instalación hidráulica e posibles causas de anomalías.

18. Sistemas auxiliares e de goberno: sistemas de goberno e de achique. Funcionamento e instalación. Haladores de pesca e poleas motrices: tipos, manexo e funcionamento.

19. Contaminación: medidas de prevención no mar. Contaminación do combustible por auga: medidas que se deben tomar.

20. Seguridade a bordo: achiques e baldeos. Aprovisionamento de combustibles e aceites: precaucións e medidas. Incendios. Contraincendios. Medidas de prevención na cámara de máquinas. Primeiros auxilios. Dispositivos de seguridade a bordo. Supervivencia no mar. Normativa autonómica.