Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 02 de marzo de 2001 Páx. 2.653

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 5 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se substitúe un vocal do Consello Provincial de Servicios Sociais de Ourense.

O punto 1º do artigo 5 do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, polo que se desenvolve a Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais, no relativo ós consellos de servicios sociais, establece que a duración do mandato dos vocais representativos será de catro anos, sen prexuízo da súa reelección e da posibilidade de substitución dos titulares e dos suplentes durante o dito período, por proposta da institución, asociación ou entidade.

Así mesmo, o artigo 15 establece que os consellos provinciais teñen iguais funcións e funcionamento que o Consello Galego de Servicios Sociais e, en concordancia co punto 3º do artigo 5, establece que os vocais do Consello Galego de Servicios Sociais serán nomeados polo presidente do consello e o nomeamento deberá publicarse no Diario Oficial de Galicia.

Por resolución do 14 de de agosto de 2000, da Delegación Provincial de Ourense, noméanse os vocais titulares e suplentes do Consello Provincial de Servicios Sociais de Ourense.

Recibiuse comunicación da Confederación Empresarial de Ourense con data do 23 de xaneiro de 2001, de acordo co punto 4º do artigo 5 do mencionado Decreto 336/1994, do 27 de outubro, na que se propón a substitución dun dos seus representantes titulares.

Por todo o anterior, en aplicación do disposto no artigo 5 e concordantes do Decreto 336/1994, do 27 de outubro, por proposta da Confederación Empresarial de Ourense

RESOLVO:

Substituír a Julia Leal Sánchez e nomear no seu posto de vocal titular a Mª Pilar Gil Carballo en representación da Confederación Empresarial de Ourense.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, de acordo co artigo 109 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, do réxime xurídico das administracións públicas e o procedemento administrativo común, poderá interporse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa e no artigo 74 da Lei 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial, no prazo de dous meses desde o día seguinte ó da súa publica-

ción, de conformidade co artigo 46 da referida Lei 29/1988.

Ourense 5 de febreiro de 2001.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense