A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 29 de xaneiro de 2001, aprobou inicialmente a delimitación da unidade de actuación número 1 (UA-1) na avenida de Vilagarcía, promovida polos servicios técnicos municipais, e o inicio do procedemento de elección do sistema de actuación.
O ámbito delimitado está comprendido entre os seguintes lindes:
Norte: terreos incluídos no sector de solo urbanizable de Romero Donallo (SUP-1).
Sur: edificio número 29 da avenida de Vilagarcía.
Leste: terreos incluídos no sector de solo urbanizable de Romero Donallo (SUP-1).
Oeste: avenida de Vilagarcía.
En cumprimento do que dispón o artigo 121 da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo de vinte días, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.
Este anuncio servirá de edicto de notificación, de acordo co previsto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, a todos aqueles que, por seren descoñecidos ou ignorarse o seu paradoiro, non poidan ser notificados persoalmente, e que a seguir se relacionan:
Santiago de Compostela, 19 de febreiro de 2001.
Luís Toxo Ramallo
Concelleiro delegado de Urbanismo
Parcela Titular
1 Ibercelta, S.L.
2 Manuel Romero Capeáns e Dolores Fandiño Vilariño
3 Ibercelta, S.L.
4 Ibercelta, S.L.
5 Municipal