Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.648

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FUNDACIÓN PÚBLICA URXENCIAS SANITARIAS DE GALICIA-061

CONTRATACIÓN de servicio.

A Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 precisa contrata-lo servicio de ambulancia de soporte vital básico, que se localizará nos seguintes lugares:

Negreira, Santa Comba, Noia, Muros, Ribeira, Boiro, Padrón, Santiago de Compostela (2 vehículos), Ordes, Lalín, Silleda, Arzúa, Melide, Cerceda, Ferrol (2 vehículos), Pontedeume, As Pontes de García Rodríguez, Cedeira, Ortigueira, A Coruña (3 vehículos), Oleiros, Betanzos, Carballo (2 vehículos), Ponteceso, Cee, Mazaricos, Vimianzo, Teixeiro, Arteixo, A Gudiña, Allariz, Bande, O Barco de Valdeorras, O Carballiño, Castro Caldelas, Celanova, Maceda, Ourense (2 vehículos), Ribadavia, A Pobra de Trives, Viana do Bolo, Verín, Xinzo de Limia, Burela, Lugo (2 vehículos), Castroverde, Mondoñedo, Palas de Rei, Foz, Ribadeo, A Pontenova, Begonte, Quiroga, Navia de Suarna, Meira, A Fonsagrada, Vilalba, Sarria, Monforte de Lemos, Chantada, Becerreá, Viveiro, Portonovo, O Grove, Vigo (4 vehículos), Pontevedra (2 vehículos), Cangas, Marín, Bueu, Redondela, O Porriño, A Guarda, Nigrán, Tui, A Cañiza, Ponteareas, A Estrada, Caldas de Reis, Cambados, Vilagarcía de Arousa.

Prazo de presentación de ofertas: deberán presentarse nas oficinas da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061, sita no Hospital Psiquiátrico de Conxo, praza Martín Herrera, nº 2-2ª planta. 15706 Santiago de Compostela, das 12 ás 14 horas, ata o 30 de marzo de 2001 (incluído).

Documentación de interese para os propoñentes: os pregos de condicións e demais documentación complementaria poden ser solicitados nas oficinas de Urxencias Sanitarias 061 de Galicia, das 12 ás 14 horas, desde o 5 ata o 30 de marzo de 2001 (incluídos), ou no teléfono: 981 54 67 64.

Santiago de Compostela, 23 de febreiro de 2001.

Rosa Álvarez de Blas

Directora de Xestión e Servicios Xerais

da Fundación Pública Urxencias

Sanitarias de Galicia-061