De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan a proposta de resolución por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e do seu regulamento, do 23 de decembro.
Os denunciados poderán presentar nun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, as alegacións que considere convenientes, participándolles que teñen á súa disposición o expediente para examinalo, no Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta (Pontevedra). Conforme o establecido no Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).
Pontevedra, 22 de xaneiro de 2001.
José Luis Díez Yáñez
Delegado provincial de Pontevedra
ANEXO
Último enderezo coñecido
Expediente Denunciado
Feito denunciado Preceptos Sanción Infrinxido Sancionador
Avda. Santa Mariña, 121, baixo
Cabral-Vigo
Bonhome, 54-6º B
32005 Ourense
Polígono Pasaxe, 99
36380 Gondomar
I-228/2000 J. César Rodríguez Vilanova
Facer unha fogueira no monte en época de máximo perigo e sen medidas de seguridade. Artigo 138 a) do regulamento da LIF Artigo 139 do regulamento da LIF 25.000 ptas. I-264/2000 Faustino Rodríguez Reboredo
Abandono dun vehículo en zona forestal. Artigo 137 e) do regulamento da LIF Artigo 139 do regulamento da LIF 50.000 ptas. I-298/2000 Indemader, S.L.
Vertedura de lixo no monte. Artigo 137 e) do regulamento da LIF Artigo 139 do regulamento da LIF 50.000 ptas.