Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.641

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da providencia de incoación do expediente sancionador I-232/2000 e dous máis (incendios-Pontevedra).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), noti

fícaselles ás persoas que no anexo se mencionan que, con esta data, resolvín dictar providencia de incoación de expediente sancionador I-232/2000 e dous máis, por infracción da Lei 81/1968, do 5 de decembro, sobre incendios forestais, e o seu regulamento aprobado polo Decreto 3769/1972, do 23 de decembro.

Que, así mesmo, designo instructora do expediente a Pilar Pita Ponte e secretario a Santiago Camarero Merino, que poden ser recusados en calquera

momento da tramitación do expediente, de darse algún dos supostos que determina o artigo 28 da mencionada lei.

O que se notifica para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Os interesados disporán dun prazo de 15 días, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para poderen examina-lo expediente neste Servicio Técnico Xurídico, sito en Benito Corbal, 47, 5ª planta (Pontevedra), e para achegar por escrito cantas alegacións, documentos, informacións ou proposta de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non se efectuar alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de

resolución, determinándose, para estes efectos, o importe da sanción.

Para resolver este expediente é competente por razón da contía da multa o delegado ou director xeral de acordo co artigo 141 do regulamento da Lei de incendios forestais.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberán emprega-los impresos normalizados que lles serán facilitados neste servicio sito en Benito Corbal, 47 (Pontevedra).

O que se comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2001.

José Luis Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

ExpedienteDenunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciadoPreceptosSanción
InfrinxidoSancionador

I-232/2000Manuel Fernández González

Escultor Gregorio Fernández, 8-2ºC

36204 Vigo

Abandono dun vehículo en masa forestal.Artigo 137 e) do regulamento da LIFArtigo 139 do regulamento da LIF50.000 ptas.
I-263/2000José M. Neira Bandin

Fontelo, 3-Alturas-Couso

36682 A Estrada

Abandono dun vehículo en masa forestal.Artigo 137 e) do regulamento da LIFArtigo 139 do regulamento da LIF50.000 ptas.
I-294/2000José Antonio Mayor Ueyo

Convent, 1

46700 Gandía

Abandono dun vehículo en masa forestal.Artigo 137 e) do regulamento da LIFArtigo 139 do regulamento da LIF50.000 ptas.