Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 23/1999).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, no artigo 10 do Decreto 2619/1966 e no artigo 12 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, sométese a información pública por petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eólicos Touriñán, S.A.

Enderezo: Lugar de Ruibo, s/n, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: parque eólico Touriñán VII.

Concellos afectados: Muxía.

Superficie afectada: 539.924 m.

Coordenadas:

V(X=482.560,96; Y=4.772.088,44)

V(X=482.313,27; Y=4.772.093,20)

V(X=482.149,65; Y=4.771.782,29)

V(X=482.172,34; Y=4.771.697,66)

V(X=482.294,04; Y=4.771.437,32)

V(X=482.356,28; Y=4.770.952,69)

V(X=482.825,92; Y=4.770.397,70)

Potencia que se vai instalar: 10 MW.

Durante o prazo de vinte días, poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 7 de xullo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña