Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.633

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 7 de xullo de 2000, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 26/1999).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, no artigo 10 do Decreto 2619/1966 e no artigo 12 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, sométese a información pública por petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eólicos Touriñán, S.A.

Enderezo: Lugar de Ruibo, s/n, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: parque eólico Touriñán IV.

Concellos afectados: Monfero, Irixoa e Aranga.

Superficie afectada: 1.900.429,22 m.

Coordenadas:

V(X=581.874,80; Y=4.794.089,97)

V(X=581.591,58; Y=4.794.089,97)

V(X=581.591,58; Y=4.793.899,04)

V(X=581.986,17; Y=4.793.092,21)

V(X=582.011,05; Y=4.792.577,25)

V(X=581.627,10; Y=4.791.769,24)

Potencia que se vai instalar: 25 MW.

Durante o prazo de vinte días, poderanse presentar solicitudes en competencia axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 7 de xullo de 2000.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña