Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 11/2000).

Para os efectos previstos no artigo 11 do Decreto 205/1995, do 6 de xullo, da Xunta de Galicia, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia (Diario Oficial de Galicia nº 136), sométese a información pública

a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Endesa Cogeneración y Renovables, S.A.

Enderezo: r/ O Castiñeiriño, 12-3º, 15702, Santiago de Compostela.

Denominación: parque eólico Pico Cerdeira.

Concellos afectados: A Laracha, Cerceda.

Coordenadas:

V (X=535.000; Y=4.782.400)V (X=540.800; Y=4.781.000)

V (X=535.600; Y=4.783.000)V (X=539.000; Y=4.779.500)

V (X=538.100; Y=4.783.000)V (X=534.000; Y=4.779.000)

V (X=540.950; Y=4.782.050).

Potencia que se vai instalar: 24,42 MW.

Durante o prazo de vinte días poderanse presentar solicitudes en competencias axustadas ó disposto no artigo 10 do Decreto 205/1995, da Xunta de Galicia.

A Coruña, 21 de febreiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña