Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.632

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 15 de febreiro de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución e declaración de impacto ambiental das instalacións electromecánicas que se citan. (Expediente IN661A 3/2000).

Para os efectos previstos na Lei 54/19997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e polo Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG nº 188), Real decreto lei 9/2000, do 6 de outubro, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación do impacto ambiental (BOE nº 241), e o Decreto 205/1995, do 6 de xullo (DOG nº 136), polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica en Galicia, sométese a información pública a solicitude de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de impacto ambiental das instalacións eléctricas que se citan:

Solicitante: Frinsa Eólica, S.A.

Enderezo social: avda. Xeneral Franco, 81-83, 15960 Ribeira (A Coruña).

Denominación: parque eólico Monte San Alberto.

Concellos afectados Ribeira (A Coruña).

Características técnicas:

-Potencia a instalar: 15,6 MW.

-Coordenadas:

V (X=500.466; Y=4.715.895) V (X=500.530; Y=4.715.943)

V (X=500.677; Y=4.715.764) V (X=500.618.; Y=4.715.583)

V (X=500.595; Y=4.715.470) V (X=500.641; Y=4.715.489)

V (X=500.469; Y=4.715.087) V (X=500.447; Y=4.714.683)

V (X=500.398; Y=4.714.395) V (X=500.275; Y=4.714.087)

V (X=500.140; Y=4.714.063) V (X=500.130; Y=4.714.176)

V (X=500.185; Y=4.714.400) V (X=500.204; Y=4.714.545)

V (X=500.294; Y=4.714.701) V (X=500.312; Y=4.714.894)

V (X=500.323; Y=4.715.112) V (X=500.445; Y=4.715.329)

V (X=500.547; Y=4.715.673) V (X=500.819; Y=4.715.761)

V (X=501.050; Y=4.715.873) V (X=500.088; Y=4.715.808)

V (X=500.922; Y=4.715.660) V (X=500.924; Y=4.715.477)

V (X=500.861; Y=4.715.460)

-Doce aeroxeradores de 1.300 kW de potencia nominal unitaria montados sobre fuste tubular metálico de 68 m de altura e rotores de 3 pas de 62 m de diámetro.

-Doce transformadores, situados no interior dos fustes de 1.500 kVA e tensións de 0,69/20 kV.

-Rede eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV realizada en conductor RHV 15/25 kV 3x(1x400) mm Al para interconexión dos aeroxeradores e estes coa subestación transformadora.

-Subestación transformadora intemperie equipada con transformador de 16 MVA e relación de transformación 66/20 kV, liña subterránea de interconexión entre o transformador e celas de media tensión a 20 kV, transformador de servicios auxiliares de 50 kVA e relación 20/0,4 kV, aparellos de medida, protección e control.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de trinta días, a partir da última publicación.

Así mesmo, o estudio de impacto ambiental correspondente ás instalacións do parque eólico Monte San Alberto poderá ser examinado nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Medio Ambiente e de Industria e Comercio da Coruña, e no Concello de Ribeira, podendo presentarse cantas alegacións se considerasen pertinentes ante a Delegación Provincial de Industria e Comercio da Coruña, dentro do prazo sinalado anteriormente.

A Coruña, 15 de febreiro de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña