Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.602

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 14 de febreiro de 2001 pola que se clasifican e se suprimen postos de traballo reservados a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional.

Visto o acordo do Pleno do Concello de Begonte (Lugo), adoptado en sesión extraordinaria de data 11 de decembro de 2000, relativo á modificación da clasificación do posto de secretaría, actualmente de clase segunda, en secretaría de clase terceira, correspondente á subescala de Secretaría-Intervención, e conseguinte supresión do posto de intervención.

Esta Consellería da Presidencia e Administración Pública, de conformidade co establecido no artigo 241 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, da Administración local de Galicia, no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e nos artigos 2 e 9 e na disposición adicional primeira do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, sobre provisión de postos de traballo reservados a funcionarios de Administración local con habilitación de carácter nacional, e no uso das facultades que lle confire o artigo 13.2º.17 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia,

DISPÓN:

Primeiro.-Modifica-la clasificación do posto de secretaría do Concello de Begonte, provincia de Lugo, quedando clasificado en clase terceira, reservándose a funcionarios/as pertencentes á subescala de Secretaría-Intervención.

Segundo.-Suprimi-lo posto de intervención do devandito concello.

Terceiro.-De conformidade co establecido na disposición adicional primeira do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, a clasificación do posto de secretaría que se realiza por esta orde, non afectará ó destino do funcionario que o desempeña con carácter definitivo.

Contra a presente orde poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante esta Consellería da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro,

ou poderase impugnar, directamente, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2001.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública