Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 01 de marzo de 2001 Páx. 2.597

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 20 de febreiro de 2001 de desenvolvemento do Decreto 304/2000, do 21 de decembro, sobre subvencións a fondo perdido para rehabilitación de vivendas no medio rural de Galicia.

O Decreto 304/2000, do 21 de decembro, constitúe o novo marco normativo polo que se regula a concesión de subvencións para rehabilitación de vivendas situadas no medio rural.

A súa disposición derradeira faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para dictar, no marco da súa competencia, cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento e aplicación do referido decreto.

En uso da referida autorización,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Esta orde regula as axudas que, con cargo ó crédito que figura consignado para esta finalidade na aplicación 06.50.331A.781.0 do estado de gastos dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para 2001, concederá o Instituto Galego da Vivenda e Solo en materia de rehabilitación de vivendas no medio rural, de conformidade co establecido no Decreto 304/2000, do 21 de decembro.

O importe máximo destas axudas será de 1.250.000.000 de pesetas, con cargo ó exercicio orzamentario de 2001.

Artigo 2º

Para os efectos do determinado no artigo 5 do Decreto 304/2000, enténdese:

1. Por ingresos familiares a contía, en millóns de pesetas, da parte xeral e especial da base impoñible reguladas nos artigos 38 e 39, respectivamente, da Lei 40/1998, do 9 de decembro, sobre a renda das persoas físicas, isto é, antes de proceder ás deduccións dos mínimos persoal e familiar, e correspondente á declaración do solicitante e ás declaracións de cada un dos demais membros da unidade familiar, presentadas no período impositivo inmediatamente anterior (con prazo de presentación vencido) á solicitude das axudas.

Se o interesado non presentase declaración por non estar obrigado a iso, a acreditación dos seus ingresos familiares efectuarase mediante declaración responsable, relativa ás mencionadas parte xeral e especial da base, reguladas nos artigos 38 e 39, respectivamente, da Lei 40/1998, do 9 de decembro, sen prexuízo do achegamento dos documentos acreditativos que se establecen para a súa

comprobación no artigo 4º desta orde de convocatoria.

2. Por ingresos familiares ponderados, os resultantes de lles aplicar ós ingresos familiares o seguinte coeficiente multiplicador de ponderación en función do número de membros da unidade familiar:

Familias de 1 membro: 1.

Familias de 2 membros: 0,95.

Familias de 3-4 membros: 0,90.

Familias de 5-6 membros: 0,85.

Familias de máis de 6 membros: 0,80.

3. Por unidade familiar tal e como resulta definida polas normas reguladoras do imposto sobre a renda das persoas físicas.

As referencias á unidade familiar, para efectos de ingresos, fanse extensivas ás persoas que non estean integradas en ningunha unidade familiar.

4. No caso dos galegos residentes no estranxeiro, os ingresos na moeda propia do país no que se obteñan calcularanse en función do seu contravalor en pesetas, aplicando o primeiro cambio oficial fixado polo Banco de España para o comprador no mercado de divisas no ano seguinte ó que se refiran os ingresos.

Artigo 3º

Para os efectos do disposto no artigo 6 do Decreto 304/2000, determínase:

1. O catálogo de traballos e prezos máximos é o que figura no anexo I desta orde.

2. Os importes mínimo e máximo do orzamento protexible cífranse nas cantidades de 350.000 e 2.200.000 pesetas, respectivamente.

Artigo 4º

Para os efectos previstos no artigo 7 do Decreto 304/2000, determínase:

1. Como modelos de solicitude, os que figuran no anexo II desta disposición.

2. Como documentos que se deben achegar á solicitude das axudas, os seguintes:

a) Fotocopia compulsada do DNI e do NIF do solicitante.

b) Memoria descritiva de tódalas obras que se pretenden realizar de entre as incluídas no artigo 4º do devandito decreto e xustificación de que estas se adaptan á tipoloxía tradicional da zona. Terá que ser subscrita polo solicitante e polo técnico correspondente cando as obras precisen dirección facultativa.

c) Plano de localización da vivenda no que figure o nome da parroquia, lugar, rúa e o número ou denominación da casa.

d) Fotografías actuais de tódalas fachadas da vivenda e das partes que se van rehabilitar.

e) Fotocopia compulsada da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, correspondente ó exercicio inmediatamente anterior ó momento da solicitude e certificado das rendas expedido nos termos do Real decreto 1190/2000, do 23 de xuño, pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.

De non estar obrigado a presenta-la declaración do IRPF, copia da notificación-liquidación emitida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria para os que presentaron o modelo de solicitude de devolución 104-105, e certificado acreditativo do nivel de rendas do correspondente exercicio expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.

Nos demais casos, declaración responsable de tódolos ingresos obtidos e certificado acreditativo do nivel de rendas do correspondente exercicio, expedido pola Axencia Estatal da Administración Tributaria que corresponda, xuntando, ademais, os seguintes documentos: declaración das circunstancias familiares, certificado de retribucións e retencións da empresa ou empresas nas que estivese de alta no devandito exercicio e, se é o caso, certificado de pensións, ou prestacións periódicas, certificado do Inem, e certificados das entidades bancarias de rendementos do capital mobiliario.

No suposto dos emigrantes, a xustificación dos ingresos familiares efectuarase mediante copia da declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas presentada en España, ou da similar presentada no país onde presten os seus servicios, autenticada, se é o caso, pola agregadoría laboral correspondente ou delegación consular de España.

f) Certificado municipal de situación da vivenda segundo o disposto no artigo 2 do Decreto 304/2000, do 21 de decembro.

g) A residencia nos últimos cinco anos dentro do termo municipal onde está situada a vivenda para rehabilitar acreditarase mediante certificación do padrón municipal de habitantes.

h) Informe técnico municipal de que as actuacións de rehabilitación que se soliciten están conformes coa legalidade urbanística vixente nese municipio.

i) Documentos que acrediten que o solicitante é o propietario ou usufructuario da vivenda que se vai rehabilitar e, de se-lo caso, a autorización da

institución correspondente prevista no artigo 5 do Decreto 304/2000, do 21 de decembro.

j) Documentación acreditativa da antigüidade da vivenda.

k) Declaración do conxunto de tódalas subvencións solicitadas ou concedidas, para as actuacións obxecto desta solicitude, das administracións públicas ou doutros entes públicos.

3. As solicitudes de subvención presentaranse nas delegacións provinciais do IGVS que correspondan por razón da situación da vivenda, ou en calquera das formas previstas na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

As solicitudes asinadas polos galegos residentes no exterior da Comunidade Autónoma poderán presentarse nas entidades galegas dos lugares de residencia que teñan recoñecida a galeguidade ou estean consideradas como colaboradoras, as cales deberán remitilas en todo caso á Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas.

Esta secretaría xeral remitirá as solicitudes á Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo que corresponda en función da localización da vivenda.

Será preceptivo o informe da Secretaría Xeral para as Relacións coas Comunidades Galegas para toda solicitude presentada polos galegos residentes no exterior.

Artigo 5º

Para os efectos do sinalado no artigo 8 do Decreto 304/2000, do 21 de decembro, o prazo de presentación de solicitudes é de tres meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no DOG.

Disposición derradeira

Única.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2001.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial,

Obras Públicas e Vivenda

ANEXO

Nº ord.ActuaciónsUd.Prezo máximo ptas.

A) Actuacións en elementos exteriores con protección especial.

1. Acabamentos de fachada segundo a tipoloxía da zona.

E026Cachotería con espesor mínimo de 25 cmm14.280
E029Peza especial, peaña, perpiaño, bufarda, cornixa, escudo, etc., incluíndo estadas e medios auxiliares necesarios. O prezo desta unidade xustificarase mediante orzamento específicoUd.Para xustificar
E030Revestimento de fachadas con pintura exteriores. Deduciranse os ocos maiores de 1 mm1.428
E031Encintaxe de fábricas de pedra de fachadas, con morteiro de cemento 1:3 ou morteiro bastardo, segundo o tipo de pedra da zonam1.309
E052Raxadura, mestreado e frotasado de fachadas, de 12 a 15 mm de espesor, con morteiro bastardo e posterior pintado con pintura exterioresm3.213

Nº ord.ActuaciónsUd.Prezo máximo ptas.

E053Limpeza de fachadas de pedra, con emprego de auga a presión, solucións disolventes, funxicidas, cepillos de arame e/ou raíces, etcm1.190
E055Picado de raxaduras de morteiros de cemento ou bastardos, sobre fachadasm1.190
E060Rebocadura de fachadas con morteiro monocapa continuo de 15 mm de espesor mediom2.975

2. Carpintería exterior, segundo tipoloxía da zona.

E061Revestimento sobre carpintería exterior de madeira con pintura ó aceite ou tipo lasur, logo de decapaxe de pinturas existentes, lixadura, selaxe, relixadura e imprimación con tratamento protectorm7.140
E062Restauración de ventás de madeira, con substitución de elementos deteriorados, recuperación de ferraxes, tapado de fendas, gretas e buracos con resina epoxy-madeira, lixado dos enmasillados, aplicación en superficie de aceites vexetais ou ceras naturais, incluso pequeno material, e retirada de cascallosmPara xustificar
E063Revestimento sobre carpintería exterior de aceiro con pintura sintética para intemperie, unha man de imprimación antioxidante e dúas de acabamento logo de preparación da superficiem1.582
E056Porta balconeira de madeira con contraventá, acristalada con dobre vidro con cámara, sobre marco de madeira incluídas ferraxesm36.890
E033Porta de balcón de PVC ou aluminio lacado, incluído acristalamento dobre con cámaram28.560
E034Elemento singular de ferro forxado, balcón, reixa, ferraxe, etc., de acordo coa tipoloxía da construcción, incluíndo colocación, estadas e medios auxiliares necesarios. O prezo desta unidade xustificarase mediante orzamento específico.UdPara xustificar
E035Porta de entrada de madeira maciza, incluídas ferraxes de seguridadeUd89.250
E064Porta de entrada, en aluminio lacado, incluído acristalamento e ferraxes de seguridadeUd54.675
E065Porta de entrada, en PVC, incluído acristalamento e ferraxes de seguridadeUd83.300
E066Ventá ou porta de balcón de madeira de castiñeiro ou teca, para pintar ou vernizar sobre cerco de pedra, das mesmas características que a existente, con vidro sinxelo de 4 mm. Sen bordón colocado con masilla ó exterior.m35.817
E036Ventá con contraventá, de madeira para pintar ou vernizar, acristalada con vidro dobre, sobre marco de madeiram38.080
E067Ventá xiratoria de madeira para vertente de cuberta con dobre acristalamento con cámaram34.510
E068Galería de madeira de castiñeiro, teca, cedro con módulos de dimensións de ata 1,10 mx3,0 m, con parte fixa ata 90 cm e ventás de guillotina con vidro sinxelo, con protección antiparasitaria da madeira totalmente instaladaMod.120.410
E069Carpintería de aluminio lacado en ventás ou galerías e acristalamento dobre con cámaram29.750
E070Carpintería de PVC en ventás ou galerías e acristalamento dobre con cámaram38.080

3. Cubertas segundo a tipoloxía da zona.

Cando as obras inclúan modificación, reforzo ou substitución da estructura sustentante, unha vez realizadas, deberá achegarse certificado de técnico competente acreditativo de que o edificio posúe a debida solidez estructural.

E019Cobertura de tella cerámica curva ou mixta, colocada con ganchos de aceiro inoxidablem3.451
E071Cobertura de tella cerámica curva ou mixta, sobre pranchas de fibrocemento, incluídas estasm6.426
E020Cuberta de lousa, colocada sobre restreis ou entaboado de madeira con ganchos de aceiro galvanizado. Medición en plantam4.827
E048Cuberta de tellas cerámicas planas, en cubertas de tella plana, colocadas con puntas de aceiro. Medición en plantam3.094
E072Percorrido de cuberta de tella vella curva ou plana, procedente da demolición, achegando un 40% das pezasm2.916
E073Enrestrelado de piñeiro vermello tratado de 20x40 mm cravado con puntas de aceiro, para cuberta de lousa. Medición en plantam1.246
E074Entaboado de madeira de castaño de 22 mm sobre viguetas de forxado, cangos de cuberta ou pontóns, incluído protector, cravado con cravos de aceiro.m6.049
E075Baixante de PVCm3.032
E076Baixante de zinc-cobre-titanio.m5.248
E077Baixante de chapa de aceiro prelacado de 0.6 mm de espesorm3.724
E078Gardacanos de fundición de ata 2 m de altura para protección de baixantesUd17.850
E022Cano de PVC m1.646
E079Cano de chapa de zinc-cobre-titaniom3.877
E080Cano de chapa de aceiro prelacado.m5.664
E081Formación de cuberta con estructura de vigas ou cimbros, pontóns ou cangos de madeira, con protección antiinsectosm11.900
E082Forxado inclinado de formigón armado de cuberta, segundo EHEm8.925
E083Cuberta de tella cerámica curva, sobre placas de fibrocemento de onda grande, incluso vertentes de estructura de madeira con protección antiinsectos. Medida en plantam18.445
E084Cuberta de lousa de 3-4 cm de espesor aproximado sobre ripas, incluso vertentes de estructura de madeira, con protección antiinsectos. Medida en plantam17.850
E085Cuberta de tella cerámica curva sobre placas de fibrocemento incluso estructura de formigón armado. Medida en plantam15.330

Nº ord.ActuaciónsUd.Prezo máximo ptas.

E086Cuberta de lousa sobre ripas, incluso estructura de formigón armado, segundo EHE. Medida en plantam15.897

B) Outras actuacións.

1. Obras dirixidas a garanti-las condicións hixiénico-sanitarias e de habitabilidade.

001Arqueta de saneamentoUd8.330
087Canalización de saneamento en PVCm2.737
004Fosa séptica prefabricada, prefiltro incorporado, capacidade 12 persoas; instalación soterrada cun volume de 2.2 m, segundo NTE/ISD-4 con certificado do fabricante ou distribuidor da correcta montaxeUd196.350
006Lavabo con billas monomando, incluso conexiónsUd24.990
008Bañeira con billas monomando, incluídas conexións.Ud27.370
009Bidé con billas monomando, incluídas conexiónsUd21.420
010Inodoro, totalmente instalado.Ud27.370
011Quentador instantáneo de auga quente de gas, de caudal mínimo 10 l/min. encendido automático pezoeléctrico, incluída instalación necesaria e boletín de instaladorUd49.980
088Termo eléctrico de aceiro inoxidable para producción e acumulación de auga quente, 80 l de capacidade, incluída instalación eléctrica e proba de estanquidade.Ud67.354
012Conexión á rede xeral de auga, incluso contadorUd29.750
013Instalación de desaugadoiro para lavadora ou lavalouzas á rede saneamento con tubo PVC sanitaria serie C diámetro exterior 40 mmUd4.889
014Depósito de auga con capacidade de mil litros que non sexa visible desde o exteriorUd54.000
015Instalación de auga fría e quente dunha vivenda con cociña e un bañoUd138.040
007Instalación de auga fría e quente dunha vivenda con cociña e dous bañosUd190.400
058Instalación de gas no interior de vivenda, incluído boletín do instaladorUd41.650

2. Acondicionamento térmico, illamento e estanquidade da vivenda.

039Formación de cámara de aire, composta por fábrica de ladrillo cerámico oco dobre colocado a pandeirete e tomado con morteiro de cemento, illamento con prancha de poliestireno expandido de densidade 20 kg/m e 40 mm de espesorm2.654
089Impermeabilización de terraza ou balcón existente con lámina asfáltica de betume en quente, incluído o illamentom5.355
041Acristalamento dobre tipo Climalit, formado por dous cristais de 6 mm e cámara de airem8.092
042Instalación completa de calefacción en vivenda, composta por: caldeira individual mixta, para calefacción e auga quente, con vaso de expansión e bomba de recirculación incorporada; incluídas tódalas conexións, tubaxes con coquillas illantes, termóstato ambiente; radiadores, probas de estanquidade e boletín de alta.

Nota: o prezo desta unidade está calculado para unha superficie de 100 m e manterase para superficies maiores. De se-lo caso de menor superficie, o prezo reducirase proporcionalmente a ela

Ud.952.000
044Acumulador dinámico, composto por material cerámico de acumulación, con ventilador radial, regulador electrónico de carga e limitador de seguridadeUd95.200
090Adaptación de instalación eléctrica para calefacción por tarifa nocturna, consistente en circuíto eléctrico para acumuladores, adaptación do cadro de distribución, reloxo dobre tarifa.Ud95.200

3. Mellora das instalacións eléctricas e adecuación ó regulamento de baixa tensión.

045Instalación eléctrica en vivenda para un grao de electrificación medio, conforme os vixentes regulamentos e normas da compañía subministradora: incluso entrega do boletín.

Nota: o prezo desta unidade está calculado para unha superficie de 100 m e manterase para superficies maiores. De se-lo caso de menor superficie, o prezo reducirase proporcionalmente a ela

Ud327.250

4. Adaptación da vivenda para uso de minusválidos.

046Adaptación da vivenda para uso de minusválidos, con supresión de barreiras arquitectónicas, conforme a normativa vixenteUdPara xustificar

5. Supresión de elementos engadidos.

047Obras que se realicen para eliminación de elementos non tradicionais (plaquetas en fachada, fibrocemento, etc.) engadidos á edificación.

Nota: o importe xustificarase mediante orzamento específico

UdPara xustificar

6. Acabamentos interiores.

049Porta de paso trillaxe de madeira e taboleiro contrachapado de madeira, incluídas ferraxes de colgadura e pecheUd21.045
050Sollado ou banzos de escaleira de madeira de tarima ou parqué, incluído vernizado e rodapé.m7.200
091Porta de paso de taboleiro aglomerado de media densidade rechapado en madeira, para vernizar ou pintar, incluídas ferraxes de colgadura e pecheUd27.645
092Falso teito de latas de madeira de piñeiro agargaladas dunha sección de 100x12 mm, cravadas sobre restreis de madeira, vernizadom7.140

Nº ord.ActuaciónsUd.Prezo máximo ptas.

093Pavimento ou banzos de escaleira de baldosas de gres porcelánico, incluso rodapé do mesmo materialm6.100
094Pavimento ou banzos de escaleira de baldosas de terrazo, incluso rodapé do mesmo materialm5.021
018Alicatado de paramentos interiores con azulexom3.094
095Alicatado de paramentos interiores con azulexo e raxado mestreado previom3.094
059Fábrica de ladrillo cerámico oco dobre colocado a pandeirete tomado con morteiro de cemento, raxadura mestreado previo, alicatado por unha das súas caras con azulexo, e pintado pola outra cara, en baños e cociñasm8.520

7. Reforzo e substitución parcial de elementos estructurais. Quedan excluídas as reconstruccións totais das casas en ruína ou como consecuencia de demolicións e baleiramento da edificación primitiva.

051Reparación de estructuras, substitución e reforzo de elementos estructurais. Unha vez realizadas as obras, deberá achegarse certificado de técnico competente acreditativo de que o edificio posúe solidez estructuralVivPara xustificar