Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 28 de febreiro de 2001 Páx. 2.566

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 29 de xaneiro de 2001, da Delegación Territorial de Ourense, polo que se relacionan acordos de denegación de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar e se empraza a interesada que se sinala para ser notificada por comparecencia (Áurea Fernández Manciñeira).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, polo que se relacionan acordos de denegación de devolución de ingresos indebidos de natureza tributaria pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e se empraza a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

Os actos foron adoptados polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Ourense, en aplicación do artigo 10 do Real decreto 1163/1990, do 21 de setembro, polo que se regula o procedemento para a realización de devolucións de ingresos indebidos de natureza tributaria.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio sinalado no parágrafo anterior, con enderezo na rúa Progreso, 38 ent., Ourense, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Ourense, 29 de xaneiro de 2001.

Norberto Francisco Bayón Rey

Delegado territorial de Ourense

ANEXO

Interesada: Áurea Fernández Manciñeira.

DNI: 34.583.827.

Río Arenteiro, 21, Ourense.

Procedemento: denegación devolución ingresos indebidos. Expte.: 10080/98. Devolución nº: 38/99.